Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 09 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Traballadores de Aceesca Emprego encargaranse do mantemento das rotondas do polígono da Veigadaña

Esta semana asinouse un convenio a tres bandas entre a asociación, o Concello e a Entidade de Conservación do Parque Empresarial.

[Img #30347]

 

O Concello de Mos, Aceesca Emprego e a Entidade de Conservación do Parque Empresarial de Mos, PEMOS-Veigadaña, asinaron esta semana un acordo de colaboración para cubrir o servizo de acondicionamento, revitalización e mantemento das rotondas da devandita área industrial.


Na sinatura estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, o presidente da Entidade de Conservación do PEMOS, Fernando García Fontán, e dúas representantes de Aceesca e Aceesca Emprego. Por parte de Aceesca Emprego asinaron o convenio Mª Luz Fernández Grandal, e Eduardo Novelle Pereira.


As rotondas nas que van intervir os traballadores de Aceesca Emprego son propiedade do Concello de Mos e están situadas en tres zonas diferentes do Polígono de A Veigadaña: o Campo de Fútbol das Baloutas, o acceso ao polígono; e unha terceira rotonda existente no parque empresarial.


Segundo explicou a rexedora local mosense, “o fin deste convenio de colaboración é a remodelación, embelecemento e axardinamento das tres rotondas, e non simples tarefas de limpeza ou mantemento. Todas as partes asinantes entendemos a necesidade de redobrar esforzos por mellorar a imaxe do Parque Empresarial de Mos, como un dos polígonos máis estratéxicos da provincia de Pontevedra”. Declarou.


E para acadar dito obxectivo plantéxanse diferentes intervencións a realizar en cada unha das rotondas. Na rotonda próxima ao campo de fútbol levaranse a cabo labores de acondicionamento mediante sementa de céspede na metade da rotonda e colocación de pedra branca na outra metade. Na zona de céspede deseñaranse 3 parterres coa colocación de roseiras ananas.


Para elo realizaranse tarefas de desherbado e aplicación de herbicida, colocación de malla anti herbas, cunha superficie total de aproximadamente 150 metros cadrados, que será achegada polo Concello de Mos; colocación da pedra branca proporcionada polo Concello de Mos para cubrir a metade da superficie da rotonda; instalación de sistema de rego dotado de 1 programador ou    3 aspersores e material diverso; plantación de roseiras ananas nos parterres que se crearán na zona de céspede; e man de obra necesaria para a realización dos traballos.


Na rotonda de acceso ao polígono faranse traballos de limpeza da rotonda, retirando todos os restos vexetais existentes entre a pedra que cobre a rotonda, instalación de sistema de rego con 1 programador ou 3 aspersores e material diverso; colocación de planta ornamental de diferentes especies, tales como: Abelia, Cotoneaster, Romeu Rastrero, Nandina, Photinia, Photinia Nana, Loropetalum ata un total de 60 unidades, e a man de obra necesaria para a realización dos traballos.


E por último, na terceira rotonda efectuaranse fundantalmente tarefas de limpeza.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.