Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 10 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Anulada a resolución municipal que paralizou as obras de saneamento de Gondomar

Augas de Galicia lamenta que a actuación "irresponsable do concello non permitira rematar unha obra de gran importancia e moi necesaria para o saneamento dos cursos fluviais do municipio".

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de recibir a sentenza, notificada polo Xulgado Contencioso Administrativo Nº2 de Vigo, pola que se anula a resolución municipal pola que se paralizaron as obras de saneamento do Concello de Gondomar.

 

Cómpre lembrar que a finais de 2015, o Concello de Gondomar (a través dunha resolución do concelleiro delegado da Área Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda) paralizou as obras de mellora da rede de saneamento, que executaba Augas de Galicia. As obras, valoradas en máis de 3 millóns de euros, eran necesarias para solucionar os problemas de xestión das augas residuais na rede municipal, impedindo importantes infiltracións detectadas na mesma, evitando vertidos os canles fluviais e mellorando a eficacia da EDAR municipal.

 

O Xulgado da a razón a Augas de Galicia ao estimar o recurso presentado polo organismo autonómico e anulando a resolución municipal, ao tirar por terra a argumentación do concello sobre a motivación da paralización na falta de licenza municipal, como se se tratase de actuacións alleas ao Concello, cando foi este en realidade o promotor das obras. No escrito do Xulgado chegase a cualificar esta pretensión municipal como “unha actuación contraria ao principio de boa fe, confianza lexítima e lealdade institucional”.  

 

 

 

 

O auto do Xulgado ratifica que o concelleiro non tiña competencias para ordenar a paralización das obras e actuou en contra do acordo plenario previo

 

 

 

 

Asemade, tamén entende que o concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda -que asinou a resolución- non tiña competencia para ordenar a paralización das obras e que foi contra do acordo plenario previo, prescindindo dunha forma total e absoluta do procedemento legalmente establecido para este tipo de situacións.

 

Desde Augas de Galicia laméntase que esta actuación irresponsable dos dirixentes municipais perdese a oportunidade de rematar unha obra de gran importancia e moi necesarias para o saneamento dos cursos fluviais do municipio (Miñor e Zamáns), e que repercutiría de forma positiva no saneamento da ría de Baiona.

 

Reclamación
Tras a notificación desta sentenza, Augas de Galicia ten previsto presentar unha reclamación polas consecuencias derivadas da parálise desta actuación e por aquelas que se deriven por deixar de executar máis de 1,7 millóns de euros e polo risco de descertificación dos fondos europeos cos que se financiou a parte da obra executada. De confirmarse esta descertificación, Augas de Galicia reclamará ao concello as cantidades que se deban devolver a Europa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.