Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 09 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Un grupo inversor construirá unha gran superficie comercial de 25.000 m² na parroquia de Cans

O Goberno local do Porriño asina un convenio cun “importante grupo inversor” que suporá a creación dunha grande área comercial e a transformación da rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans

[Img #30359]

 

O Goberno local do Porriño ven de dar un importante paso para confirmas as expectativas dun ambicioso plan que abrangue a rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans.


Este xoves, a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, subscribiron un convenio entre un “importante grupo inversor” e o Concello que ten coma obxectivo, como salientou Marcelino Coto, “acometer unha reforma integral” nesta parte da vila.


O concelleiro sinala a relevancia desta decisión, “xustificada polo interese público”, que suporá a eliminación do tráfico pesado do casco urbano e a “humanización de Antonio Palacios, con novas beirarrúas, alumeado, ou faixas verdes e de esparexemento, que fará posible que esta rúa pase a ser unha grande avenida”.


Coto lembra que en neste entorno están o Colexio Hermanos Quiroga, o IES Pino Manso, o CEIP Fernández López, unha gardería da Galiña Azul, o Pavillón e a Piscina Municipal, e que a reforma significará unha “mellora substancial na seguridade e na calidade de vida” das veciñas e veciños da contorna, en particular, e de todas as porriñesas e porriñeses, en conxunto.


O convenio abrangue, ademais, a radicación nunhas parcelas que conforman unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados no que se abrirá unha grande área comercial e de lecer, con novos espazos dotacionais que, subliña Marcelino Coto, “creará numerosos postos de traballo, tanto directos coma indirectos”.


Logo da sinatura do convenio, o seguinte paso é promover unha reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana que, remata Coto, está en xa en marcha.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.