PROVINCIA
Areeiro recomenda tratar as árbores danadas polos temporais para evitar a entrada de patóxenos
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica subliñan que as choivas favorecen as infeccións, sobre todo nos cítricos, nas froiteiras e no buxo.
![[Img #30366]](upload/img/periodico/img_30366.jpg)
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un aviso fitosanitario no que aconsella tratar canto antes as árbores danadas polo temporal para evitar a entrada de patóxenos. Así mesmo, por mor das choivas e da elevada humidade existente, advirte da necesidade de actuar sobre todo nos cítricos, nas froiteiras e nos buxos para evitar infeccións.
Segundo explicou a técnica Rosa Pérez, responsable da Unidade de Artrópodos, moitas árbores sufriron roturas de ramas de grandes dimensións acompañadas de rachos irregulares, que ou ben afectan a parte do fuste ou tronco ou ben deixan un toco que pode podrecer co paso do tempo. No consello fitosanitario indícase que os rachos deben ser limpados e reparados e os tocos eliminados, aplicando despois destas operacións produtos cicatrizantes con funxicidas para evitar a entrada de patóxenos a través das feridas.
En canto aos cítricos, Pérez explicou que as choivas e a humidade favorecerán as infeccións por patóxenos moi ligados á auga (coma Phytophthora hibernalis), polo que indicou que é moi importante recoller tanto os froitos caídos ao chan coma os podres que permanecen na árbore e destruílos para evitar novas contaminacións. Tamén se debe evitar calquera acumulación de auga no contorno das raíces, para favorecer a saída mediante zonas de drenaxe. Proponse tamén a posibilidade de actuar preventivamente nos limoeiros, mandarineiros, laranxeiros ou pomelos con diferentes produtos específicos.
Para as froiteiras en xeral -tanto nas de pebida coma nas de óso ou no kiwi- subliñouse que será conveniente, tan pronto como o clima o permita, aplicar un dos tratamentos cúpricos que se recomendan no inverno.
Sobre o buxo advírtese que as mesmas condicións de elevada humidade poden favorecer o desenvolvemento do fungo Cylindrocladium buxicola, que causa serias defoliacións nestas plantas. "Por este motivo débese incrementar a vixilancia sobre as sebes de buxo, retirando posibles follas secas e favorecendo a aireación das plantas. Se ademais se detectasen síntomas da presenza do fungo débese aplicar un tratamento funxicida", destacou.
Couza da pataca
A Estación de Areeiro está a recibir consultas de diferentes agricultores sobre a couza guatemalteca da pataca (Scrobipalpopsis solanivora) da que nestes días se está a falar nos diferentes medios de comunicación.
Os técnicos aseguran que "de momento esta praga non se detectou en ningún concello da provincia de Pontevedra e, de feito, a súa presenza está restrinxida a 31 concellos do norte das provincias de A Coruña e Lugo". Para coñecer os concellos afectados remítense, así mesmo, ás consultas no enlace ao Diario Oficial de Galicia do luns 6 de febreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149