PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra achega 200.000 € para o fomento da igualdade
As axudas van dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes.
![[Img #30382]](upload/img/periodico/img_30382.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda convocatoria das subvencións para concellos de menos de 20.000 habitantes que leven a cabo proxectos, programas e actividades para a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na provincia. A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, subliñou que “se trata da segunda convocatoria deste tipo de subvencións, o ano pasado puxemos en marcha a primeira, que eran inexistentes ata que se constituíu este novo goberno provincial, ao igual que era inexistente o servizo de igualdade”.
A Presidenta da Deputación manifestou que “fronte ós recortes da Xunta de Galicia e do Goberno de España en materia de igualdade nós apostamos por crear un servizo de igualdade e por incrementar o orzamento, de feito, coa aprobación de hoxe estamos a achegar 200.000 € neste 2017, 50.000 máis que o pasado ano, porque queremos axudar ós concellos que levan a cabo proxectos a favor da igualdade en todos os ámbitos da vida social, política, económica e cultural e da prevención da violencia machista”.
En concreto, tal e como afirmou Carmela Silva, poderán optar a estas achegas aqueles concellos que presenten proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; programas xurdidos dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; actividades para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e ás persoas dependentes ao seu cargo; proxectos destinados a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; programas encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; actividades encamiñadas á elaboración do plan municipal de igualdade, así como as orientadas á súa difusión e avaliación; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, familiar e profesional; proxectos de prevención e sensibilización no eido educativo dirixidos ao alumnado, ao profesorado e ás familias co fin de dotalos de estratexias educativas para o fomento da igualdade de trato e oportunidades, así como campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.
As entidades que presenten a solicitude, cuxo prazo rematará en 30 días naturais contados a partir da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, poderán optar a unha subvención máxima de 6.000 €.
IES Castro Alobre
A Presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para agradecer a Carmen Moure e a todo o colectivo de docentes do IES Castro Alobre de Vilagarcía a posta en marcha da materia de igualdade. Silva amosouse moi orgullosa de que o alumnado deste instituto de Vilagarcía estree a nova materia porque “a educación é a forma máis rendible de loitar contra as violencias machistas e impulsar a igualdade efectiva entre mulleres e homes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149