Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Reunión informativa sobre o deslindamento do monte comunal de Atios

A xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca a todos os afectados polo deslindamento do monte comunal de Atios a unha reunión o vindeiro xoves 16, as 18:00 hs, no Centro Social e Cultural de Atios.

"Nela trataremos de resolver as dúbidas xurdidas logo de que a Consellería do Medio Rural aprobase a resolución do 3º treito do deslindamento do monte comunal de Atios, que foi publicada no DOGA  o pasado 17 de xaneiro" explican.


Nestes días, aqueles propeitarios lindeiros co monte veciñal están recibindo as notificacións persoais nas que se lle comunica a resolución. En caso de non estar conforme coa mesma, dispoñen do prazo dun mes para presentar as alegcións que consideren oportunas. Co obxectivo de axudar aos afectados a interpretar a resolución e resolver as dúbidas que puideran xurdir cos lindes da súa propiedade, a xunta de montes convoca esta reunión informativa, na que estará presente a avogada da comunidade. Disporán de planos para a consulta das parcelas.


Na páxina web www.pedraquefala.gal dispoñen de toda a información sobre o proceso de deslindamento do monte comunal de Atios, que, debido á súa lonxitude e complexidade, levouse a cabo en tres fases. Coa resolución deste terceiro treito ponse fin ao deslindamento. Con todo, a Consellería debe resolver aínda os recursos de reposición presentados contra a resolución da 1ª e 2ª fase.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.