Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Comeza a ‘Campaña de Educación Vial’ organizada pola Concelleria de Educación e a Policía Local

[Img #30411]

 

Alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CEIP Fernández López, empezaron este luns as clases prácticas da ‘Campaña de Educación Vial’, organizada pola Concelleria de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impartida pola Policía Local coa axuda de Protección Civil do Porriño.


A campaña, coma lembra a concelleira, chegará, ademais de ao Fernández López, “aos Centros Ensino Infantil e de Primaria (CEIP) Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga”.


Axentes da Policía acuden aos colexios dende o pasado día 6 para formar ás rapazas e rapaces en conceptos esenciais que os axudarán a mellorar a súa seguridade, tanto dende o punto de vista teórico coma práctico.
Os estudantes aprenderán o xeito de circular coma peóns, as normas para o uso da bicicleta e o monopatín, o transporte de mascotas en vehículos, o comportamento coma viaxeiros, as medidas de seguridade dentro do coche, coma o uso do cinto de seguridade, os sistemas de retención de cativos ou, no caso dos vehículos de dúas rodas, o casco, engadindo a todo elo, os sinais de circulación e o funcionamento e a labor do Servizo de Emerxencias (112).


Na parte práctica, as alumnas e alumnos, como fixeron este luns, grazas ao material achegado pola Dirección Xeral de Tráfico,  deben circular por un circuíto aplicando o aprendido nas clases teóricas, de feito haberá un ‘carné por puntos’ no que se aplicarán as sancións se non respectan os sinais, as normas de tráfico ou as indicacións dos axentes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.