Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación ofrece á Xunta a súa total disposición a colaborar nun futuro Centro de Investigación pero non avalará o procexto da empresa privada ENCE

A Presidenta asegurou que o seu goberno sempre apoiará proxectos medioambientais e de I+D que sexan públicos e desenvolvidos pola Xunta. “Ese é o noso modelo de colaboración entre administracións”.

[Img #30418]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe tras o encontro co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no que tamén participaron o vicepresidente da institución provincial, César Mosquera, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que “a Deputación está más que disposta a colaborar coa Xunta de Galicia nun futuro Centro de Investigación, pero que, como é lóxico, o goberno provincial non pode apoiar o desenrolo dun proxecto dunha empresa privada como ENCE nas instalacións públicas da finca de Lourizán”.

 

“O señor Rueda veunos a mostrar un proxecto de ENCE, non un proxecto de I+D ou de inversións medioambientais da Xunta de Galicia para Lourizán.  Foi  o vicepresidente da Xunta, quen insistiu en que  nos traía o proxecto da empresa ENCE, e de feito a documentación que mostrou é únicamente da firma pastera”, subliñou Carmela Silva nunha rolda de prensa posterior acompañada por César Mosquera. A Presidenta reiterou, como así o ten transmitido, que dende a institución provincial sempre se traballou con toda a colaboración entre as administracións  “pero que nunca imos a avalar un proxecto dunha empresa privada en dependencias públicas”.

 

Neste senso, a Presidenta insistiu en que a Deputación sempre colaborará coa Xunta de Galicia se quere desenvolver na finca de Lourizán un proxecto ambiental de protección do monte pero “non se o que quere a Xunta é regalarlle a ENCE unha finca pública para que a empresa desenvolva o seu propio proxecto de investigación”.

 

A Presidenta da Deputación recordou que dende 1943 a finca de Lourizán xa naquel intre dependía do Estado español pero, tras o proceso de transferencia de competencias as comunidades autónomas asinouse un convenio coa Xunta de Galicia para establecer o uso da totalidade da finca. Neste convenio xa se establecía a finalidade para desenvolver un proxecto ambiental para a xestión do monte, un proxecto museístico dinámico e un paseo para coñecer o patrimonio, “que a Xunta nunca desenvolveu”.

 

 

 

 

Carmela Silva mostrou a súa decepción de que o Vicepresidente da Xunta “non presentara un proxecto propio para Lourizán en vez de vir a Deputación a presentar o de ENCE”

 

 

 

 

Estes aspectos foron  os que César Mosquera e Carmela Silva transmitiron ao vicepresidente da Xunta. “Que o goberno galego leve adiante o proxecto medioambiental de xestión do monte pero non que unha empresa privada desenvolva o seu proxecto, que foi o que nos plantexaron hoxe. Nos non creemos neste modelo de colaboración, senón no modelo de que cada administración cumpra cos seus convenios e acordos, pero non avalar a unha empresa que quere investir cinco millóns de euros porque acadou unha prórroga por 60 anos máis da súas instalacións na ría de Pontevedra”, destacou Silva.

 

Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, foi claro  tamén sobre a cesión do Pazo de Lourizán a Ence: “A Deputación non vai avalar o pacto ambiental entre o PP e Ence. Por aí non imos pasar. Non imos aceptar ‘migallas’ a cambio do acordo para a súa prórroga outros 60 anos na ría de ningunha maneira. Iso non é unha sorpresa. O que se nos plantexa non é un proxecto da Xunta, é unha especie de patrocinio”, salientou.

 

Así mesmo, Mosquera subliñou que a pasteira non precisa o Pazo de Lourizán para investigar, senón só como “espazo de representación ou emblema”. Para demostralo, desvelou que a área de laboratorios solicitada apenas ten 60 metros cadrados aos que se suman 40 para unha planta piloto, e outros 270 de salas de reunións e conferencias. “Só hai que comparar os metros que demandan (370) cos que hai na finca (540.000 m2). Non terán ese espazo en calquera outro sitio para investigar?”, cuestionouse.

 

Sobre a viabilidade xurídica dunha posible cesión do Pazo de Lourizán a Ence Mosquera insistiu en que, dado que actualmente o uso está en mans da Xunta, non é factible: “sería unha cesión a terceiros”, dixo. Pola súa banda, en canto á colaboración co goberno galego Mosquera quixo deixar claro tamén que a Deputación dará todas as facilidades a calquera proxecto autonómico de investigación porque “hai o máximo interese en manter unha boa relación”.

 

Por último, Carmela Silva subliñou que este tema será abordado na próxima xuntanza co Presidente da Xunta do día 27, entre outros moitos temas, pero tamén a situación actual do propio pazo de Lourizán. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.