MOS
Pablo Paz volve a Mos cun musical de altos voos
A obra La Calderona, do actor mosense, versa sobre a reputada actriz amante do rei Felipe IV e nai de Juan de Austria
![[Img #30433]](upload/img/periodico/img_30433.jpg)
A concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, anunciou hoxe que o mes que ven, e con motivo da programación do Día Internacional da Muller, representarase en Mos o musical La Calderona.
O actor mosense Pablo Paz, Pregoeiro das Festas da Rosa 2013, onde albergou un grande éxito de afluencia e tivo unha enorme acollida entre os seus veciños, volve a Mos cun estreo musical titulado La Calderona, no que estará acompañado pola actriz Natalia Calderón e dirixido por David Yllana (quen tamén dirixiu outros musicais de renome como The Hole e Hoy no me puedo levantar).
A función terá lugar o sábado 11 de marzo ás 21.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. As entradas, cun prezo de 5 euros, pódense adquirir nas oficinas do centro Multiusos das Pozas en horario de 09.00 horas a 14.00 horas, no Centro Dotacional de Torroso durante todo o día excepto os martes e xoves só pola tarde (luns, mércores e venres de 09.30 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 21.00 horas; e martes e xoves de 16.00 horas a 21.00 horas) e na Escola de Danza Bambalinas en Cabral en horario de tarde de 16.30 horas a 22.00 horas. O aforo está limitado.
Sinopse
A Calderona é a filla bastarda da que ninguén fala. Foi María Inés Calderón, máis coñecida como A Calderona, unha das actrices máis importantes do star system español do século XVII e a máis controvertida amante de Felipe IV, nai do que logo sería recoñecido bastardo e principal de España, Juan de Austria.
Hai mesmo quen di que a serra da Calderona, en Valencia, débelle o seu nome, e que acabou os seus días convertida en xefe dun grupo de bandoleiros. Como chegou unha nena abandonada nun portal a ser nin máis nin menos que a favorita do rei, nunha España na que ser muller e bastarda era o mesmo que non ser nada?
A historia da Calderona é unha historia sobre o poder, a ambición, o amor e a supervivencia contada en clave de comedia escura e a golpe de hip hop, cun DJ en escena e viaxando constantemente, nun xogo de espellos tan barroco como orixinal, do século XVII ao XXI e do XXI ao XVII.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149