Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda de Caselas deixa ouvir a súa voz no Parlamento Europeo

[Img #30442]

 

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, acompañado polo Concelleiro de Seguridade, Facenda e Réxime Interior, José Luis González, participou en Bruselas nas sesións de traballo, debate e análise de REALPE, Reunión das Autoridades Locais Progresistas de Europa, respondendo a unha invitación formulada pola eurodeputada da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, Lidia Senra.


Marcos Besada presentou neste foro europeo, os traballos e iniciativas que se desenvolven en Salceda de Caselas de cara “a promover unha integración efectiva das persoas que forman parte da Salceda que construímos entre todos e todas”, subliñou.


Así, Besada, falou dos proxectos de Alfabetización de Inmigrantes e de Apoio extraescolar de reforzo lingüístico de nenos e nenas que realizan os voluntarios e voluntarias e que, explicaba o alcalde, “son claves para unha integración efectiva na vida de Salceda”.


Daba conta tamén o rexedor salcedense dos plans de formación que se realizan no CDL ‘O Torrón’ a través de obradoiros de habilidades sociolaborais e de procura de emprego e do traballo que desenvolía o Programa de Alimentos e o Roupeiro Municipal, palabras que foron seguidas con grande interese por parte de todos os presentes.


Marcos Besada amosou a súa satisfacción non só por presentar as numerosas iniciativas que o Executivo local desenvolve de cara a integración real e efectiva dos inmigrantes na vida social, cultural e laboral do municipio, senón tamén polo feito “de poder facelo na nosa lingua, o galego, diante de compañeiros e compañeiras dos 28 países membros da Unión Europea” algo que, subliñaba Besada “produce unha satisfacción moi especial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.