A GUARDA
Carlos Font visita na Guarda a rehabilitación e construción do miradoiro do Pirún
O deputado provincial lembrou que o investimento do Plan neste ano 2017 para A Guarda sitúase en preto de 800.000 €, un 7,4 % máis que o ano anterior, case catro puntos máis que a media da provincia
![[Img #30446]](upload/img/periodico/img_30446.jpg)
O deputado provincial Carlos Font, acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitou esta mañá na vila algunhas das actuacións desenvolvidas no marco do Plan Concellos 2016, entre as que se atopan a rehabilitación e construción do miradoiro de Pirún. En concreto, esta obra, enmarcada na liña 1 do Plan, representou un investimento de preto de 40.000 €, a través dos cales se mellorou unha infraestrutura municipal e se configurou un novo espazo de lecer, ocio e tempo libre.
En concreto, tal e como informou o deputado provincial, "a achega da Deputación de Pontevedra permitiulle á Guarda rehabilitar e construír o miradoiro do Pirún, o que permite facilitar o tránsito das veciñas e dos veciños desta zona cara ao porto e o acceso ás súas vivendas, así como crear un novo recurso turístico no concello, posto que desde este lugar temos unhas espectaculares vistas da costa da Guarda".
Carlos Font lembrou que o Plan Concellos 2016 destinoulle á Guarda un total de 719.969,26 €, o que representa un 30 % máis que durante 2015. Tamén subliñou o deputado que, "grazas a este plan, ademais das obras do miradoiro do Pirún, aprobáronse, no marco da liña 1, investimentos para impulsar o aforro enerxético na vila, mellorar o pavillón das Solanas, reparar o campo de fútbol municipal, adquirir diverso mobiliario urbano ou acometer diversas obras de mellora nos parques infantís da Guarda".
O deputado tamén recordou que "durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra fixo un investimento de preto dun millón de euros na vila da Guarda, facendo que os veciños e as veciñas deste concello puidesen ter unha mellor calidade de vida", e reiterou que "este Goberno provincial seguirá apostando polos pequenos concellos, que son os que máis necesitan a actuación directa da Deputación de Pontevedra".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22