Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta a súa programación de Entroido

Trátase dun programa variado, para tódolos públicos e gustos.

[Img #30475]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, e a de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron hoxe xunto con usuarios e usuarias da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, a programación municipal organizada para a celebración do Entroido, nas instalacións das que a Asociación dispón en Torroso.


Precisamente dentro da programación de Entroido terá lugar, como xa ven sendo tradición en Mos, unha festa para persoas con discapacidade. Este ano a festa de Entroido para usuarios/as de Asodifisi, As Escravas da Virxe Dolorosa e Doral Residencias celebrarase o xoves 23 de febreiro ás 17.00 horas no Multiusos das Pozas. Nesta festa, na que participarán unhas 140 persoas, desenvolveranse actividades de animación, obradoiros e haberá música e un desfile de disfraces.


Ademais desta festa celebrarase a tamén tradicional Festa Infantil de Entroido enmarcada dentro do programa “Ocio en Familia”. Nesta festa poderán participar todas as familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos do Concello de Mos. Celebrarase no auditorio do Multiusos o luns 27 de febreiro de 17.00 a 20.00 horas.


Esta actividade consiste nunha festa de animación infantil, na que asistirán os nenos e nenas acompañados dos seus familiares, a poder ser disfrazados. Un zancudo recibirá ós nenos ó entrar, e sacaranse, xunto cunha a xirafa e un rinoceronte, fotos no ‘photocall’ de Entroido. Por outra banda o Rei Midas realizará o seu espectáculo de maxia facendo partícipes a todos os asistentes dos seus trucos, convertendo a todos en auténticos magos. O paiaso Fifo alternará os seus números cómicos coa música e os xogos. Os asistentes poderán participar nun desfile presentado e amenizado por Fifo e impartiranse tamén dous bradoiros, un de chapas e outro de globoflexia. Os cativos recibirán tamén unha merenda.


O Desfile de Comparsas celebrarase o domingo 26 de febreiro a partir das 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda. O fin de festa e a entrega de premios estarán amenizados polo grupo infantil As Pamisuki. En total participarán 19 comparsas, 10 de Mos e 9 de outros municipios. De entre esas 19 comparsas, 4 delas son infantís. As 10 comparsas mosenses participantes son: a da Asociación Cultural Celado, A.V.V. Chan do Bosque, Vai de Varanda, A Cividade, Cultural de Guizán, A.V.V. Nosa Terra de Pereiras, Asociación Carnavalesca Cousas, Grupo Folclórico Nosa Terra, Centro das Escravas da Virxe Dolorosa e Herville. Os presmios que se repartirán tras o desfile son un total de 5: premio á mellor comparsa de adultos, premio á mellor comparsa infantil, premio á mellor carroza, premio á mellor animación e premio a mellor vestiario. Estes dous últimos son mencións especiais e novidade este ano, xa que é a primeira vez que se inclúen estas categorías.


Por último mencionar os Obradoiros de Entroido organizados, tanto os infantís coma os familiares de cociña.
Os Obradoiros Infantís de Entroido, para nenos/as de 3 a 12 anos de idade, impartiranse na Ludoteca Municipal de San Rafael os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo en horario de 09.00 horas a 14.00 horas, contando con actividades de disfraces, cociña, maquillaxe e xogos. O prazo de inscrición rematará o día 21 de febreiro.


Co obradoiro incluído no programa “Xunt@s na Cociña”, Entroido Doce, quéreselles brindar ás familias mosenses a  oportunidade de gozar xuntos e relacionarse con outras familias a vez que gozan da festividade do Entroido.


A idea é que neste obradoiro participen as asociacións das distintas parroquias do Concello.


No programa poderán participar gratuítamente persoas de todas as idades a partir de 4 anos; tendo preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…). As nenas e nenos de entre 13 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor. As nenas e nenos de menos de 13 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 13 anos non acompañados.


Terán preferencia, primeiramente, aquelas persoas residentes na parroquia onde se desenvolva ó obradoiro. De non cubrise todas as prazas, tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutras parroquias veciñas, pertencentes ó Concello, sempre que presenten a correspondente solicitude.


O prazo de inscrición para a adhesión da Asociación ó obradoiro Entroido Doce será ata o 17 febreiro. Unha vez finalizado ese prazo, a propia asociación deberá entregar a solicitude e relación dos participantes ó Concello.
A actividade consistirá na elaboración de sobremesas típicas de Entroido. Para elo  tentarase levar a cabo una dinámica de participación activa das persoas que asistan ó obradoiro. Búscase acadar un bo nivel de implicación e interactuación entre os diferentes participantes, así como contribuír a que estes o pasen ben.


Sobre esta programación as representantes municipais declararon sentirse “moi orgullosas” e esperan “que sexa do agrado de todos/as os/as mosenses xa que foi deseñada e organizada con todo o cariño”, dixeron. “Sobre todo queremos que a xente o pase ben, que disfrute, que para iso é o Entroido”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.