Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 18 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

ABANCA e Acipor alíanse para facilitar o acceso ao crédito a comerciantes e clientes

O banco e a asociación asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e impulsar as vendas no Porriño.

[Img #30498]

 

ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da localidade.


A presidenta dos comerciantes e industriais do Porriño, Juana Pérez Rodríguez, e o director de zona de ABANCA no Porriño/Condado/Paradanta, Martín Blanco Conde, rubricaron hoxe na localidade un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia de Pontevedra.


O convenio facilita que os empresarios e emprendedores do Porriño asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.


Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes e empresarios da Mariña a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

 

 

 

 

Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

 

 

 


Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.


A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño agrupa os intereses de máis de 120 empresas e negocios da localidade, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros. No ano 2006 activaron o primeiro centro comercial aberto do Porriño, Morea, que é a ferramenta para dinamizar as compras nos establecementos locais. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.