Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán retira miles de botellas de plástico aparecidas nas súas praias durante o temporal

[Img #30516]

 

O Concello de Nigrán concluiu esta semana a limpeza manual e urxente dos seus areais tras aparecer durante a fin de semana miles de botellas de plástico e lixo que serán sometidos ao correspontente tratamento de xestión de residuos. O forte temporal provocou unha chegada masiva deste tipo de lixo a tódalas praias do municipio, polo que dende o luns os operarios comezaron a traballar en Prado para seguir por Area Fofa, A Madorra, Panxón e Praia América,.

 

A limpeza dos areais estase a realizar de xeito manual, sen ningún tipo de medio mecánico, e sen retirar as algas, dado que ambos aspectos son os máis axeitados para evitar a erosión do litoral.

 

"Cando hai temporais chega máis lixo as praias, pero nesta ocasión resulta sorprendente. En canto finalizaron as mareas vivas e as alertas comezamos a limpar urxentemente", sinala o alcalde, Juan González.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.