MOS
Nova Ordenanza Municipal para unificar a sinalización na vía pública e combatir o feísmo no mobiliario urbano
A súa aprobación inicial será levada ao Pleno ordinario deste mes de febreiro.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente e Urbanismo, Julia Loureiro, informaron estas semana de que será levada a aprobación inicial ao vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal que se celebrará o luns 27 de febreiro, a Ordenanza Municipal de Publicidade Exterior mediante Carteleiras, Vallas Publicitarias e Puntos de Información.
Tras a súa aprobación inicial abrirase un período de alegacións de 30 días para, a continuación, aprobala definitivamente. Grazas a esta Ordenanza poderase poñer en marcha o proxecto de reorganización e reordenación integral dos sinais instalados no termo municipal no que leva meses traballando o Concello de Mos en aras de homoxeneizar e unificar a estética da sinalización, xa que nestes intres existe unha distribución un tanto caótica, xa que sobre todo no caso de empresas privadas colócanse sinais indiscriminadamente en calquera lugar.
Respecto da sinalización de empresas, dende o departamento municipal de Medio Ambiente realizouse un informe de análise e inventario dos sinais que se atopan diseminados por diferentes puntos do municipio e estase a traballar en colaboración con AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos) na reestructuración e reordenación de todos estes sinais, ademais dunha nova regulación da instalación de sinais empresariais.
E é que, segundo informou Julia Loureiro, existen en Mos sobre 500 empresas que teñen os seus sinais instalados sen criterio de homoxeneización por todo o termo municipal. As únicas que están correctamente sinalizadas son as 35 do Parque Empresarial Mos-Veigadaña, o polígono industrial mosense de máis recente creación. Logo, por poñer algúns exemplos significativos, entre as rotondas de Puxeiros e Campo da Feira hai máis de 30 sinais de empresas diseminados, nas inmediacións do polígono do Rebullón sobre 90, no de Portela 10, no de Faquiña 25… por non mencionar outras zonas industriais como Arrufana, Sanguiñeda e empresas asentadas aisladamente por toda a localidade.
Previa autorización do empresario e abono da taxa establecida na nova regulación coa que se amortizará o gasto de sinalización da empresa, o Concello incluirá á empresa beneficiaria no directorio con deseño corporativo municipal que se contempla no proxecto conxunto entre administración local e AEMOS. Deste xeito, todas as indicacións direccionais cara ás distintas empresas quedarán agrupadas de modo estético no mesmo núcleo, establecendo por suposto diferentes puntos nos que instalar os pertinentes directorios, pero sempre baixo o mesmo deseño funcional.
Deste xeito os empresarios que queiran sinalizar na vía pública a súa empresa deberán acollerse a esta regulación municipal e a este modelo e, en caso contrario, serían penalizados coa correspondente sanción.
En xeral a presente Ordenanza ten por obxecto regulamentar as condicións ás que haberán de someterse as instalacións publicitarias perceptibles desde a vía pública no termo municipal de Mos, xa teñan carácter temporal ou permanente e calquera que sexa o seu tipo de soporte, para as cales se requirirá a obtención de licenza urbanística.
Esta ten por finalidade a minimización do impacto producido pola publicidade exterior na paisaxe, tanto natural como urbana, do concello de Mos, e o respecto aos bens que a integran.
Cando se trate de columnas, carteis e outras instalacións municipais (como os puntos de información), quedarán sometidos ao previsto na presente ordenanza nas condicións que se establezan, e se aplicará a ordenanza fiscal correspondente aprobada polo concello.
En consecuencia, quedará sometida ás normas desta Ordenanza toda actividade publicitaria que utilice como vehículo transmisor da mensaxe medios materiais de diversa índole, susceptibles de atraer a atención de cantas persoas se atopen en espazos abertos, transiten pola vía pública, circulen por vías de comunicación, utilicen medios privados ou colectivos de transporte e, en xeral, permanezan ou discorran en lugares ou ámbitos de utilización común.
Límites e prohibicións xerais
Segundo o establecido na Ordenanza a actividade publicitaria evitará a incidencia negativa sobre o contorno e os seus elementos naturais con especial atención a aquelas áreas máis sensibles conforme coas determinacións da normativa xeral ou dos instrumentos de planeamento aplicables.
Con carácter xeral e sen prexuízo da normativa específica, non se permitirán instalacións publicitarias nos monumentos, xardíns, sitios ou territorios históricos, zonas arqueolóxicas, lugares de interese etnográfico e zonas paleontolóxicas.
Tampouco se autorizarán con carácter xeral as actividades publicitarias nas zonas de dominio público e afección, ou calquera outra limitada pola lexislación sectorial de estradas, infraestruturas ferroviarias, aviación civil, etc. E todo tipo de pintadas ou pictogramas na vía pública, tanto se se realizan sobre os seus elementos estruturais (estrada, beirarrúas, etc), como sobre o seu equipamento (árbores ou calquera outro elemento vexetal, farolas, mobiliario urbano, etc.).
Tamén estarán prohibidos os elementos e instalacións publicitarias constituídos por materiais combustibles, a menos de 50 metros de zonas forestais, de abundante vexetación ou especies illadas de consideración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149