Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Os turistas contarán cun “servizo lanzadeira” de taxis para achegarse ao Monte Aloia dende a Semana Santa

Establécense tarifas planas de subida e baixada ao Parque Natural para promocionar os recursos turísticos de Tui.

[Img #30521]

 

Dende a Semana Santa, turistas, peregrinos e veciños que queiran achegarse ao Parque Natural do Monte Aloia, xoia medioambiental de Tui, contarán cun novidoso servizo de lanzadeira de taxis con prezos vantaxosos.


O novo servizo xorde co acordo chegado entre o a Concellería de Turismo e a Asociación Taxista de Autopatronos de Tui polo que se establecen tres rangos de tarifa plana de subida e baixada ao Parque Natural. A primeira delas terá un custe de 12€, ida e volta, para visitas inferiores a 30 minutos. A continuación, o prezo será de 16€ cun tempo de espera de 30 minutos e de 20€ para visitas de 1 hora. Todas as viaxes teñen como punto de partida e destino a parada de taxis na rúa Camilo José Cela, ao carón do vello centro de saúde. Lógrase así unha redución significativa nos custes para os usuarios á vez que se dota dun servizo seguro, profesional e constante para a visita e promoción do monte.


Segundo apunta  o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o obxectivo é “promocionar un recurso turístico tan importante para Tui como o Monte Aloia” á vez que se “potencian as visitas ao centro de interpretación”. Así mesmo, “evítase o intrusismo” nestas viaxes, dando maior seguridade aos usuarios.


 O Concello de Tui divulgará entre os visitantes este novo servizo a través de folletos e cartelería que será distribuída nos principais puntos de información.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.