Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Tui

En marcha un proxecto de mobilidade sostible para as dúas estradas de Caldelas

[Img #30563]

 

Deputación de Pontevedra realizará un proxecto para mellorar a mobilidade das estradas provinciais EP-3004 e EP-2505 que pasan pola parroquia de Caldelas, no concello de Tui. Segundo anunciou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, a intención é realizar obras que garantan unha maior seguranza viaria para facer convivir os tránsitos rodados cos peonís nunha zona residencial na que viven uns 1.000 veciños e veciñas.

 

 

Benítez así o manifestou nun encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co concelleiro José Martínez Tato. A actuación, segundo asegurou, roldará os 500.000 euros e suporá un proxecto integral de mobilidade sostible no que o calmado do tráfico, moi demandado polos veciños e veciñas, será prioritario. O ámbito de actuación inclúe unha lonxitude de vía de aproximadamente 2,4 quilómetros, na que se creará unha senda peonil aproveitando a sección actual da vía. Así mesmo, mellorarase a intersección entre ambas as dúas estradas (que conflúen en forma de V na zona do antigo cuartel da Garda civil) coa instalación dunha glorieta que reordenará o fluxo de tráfico que conduce ao concello veciño de Salceda de Caselas. Tamén se instalarán varios pasos de peóns sobreelevados en diferentes puntos, así como redutores físicos de velocidade, que obrigarán os condutores a circular máis devagar.

 

 

"A parroquia de Caldelas é unha das máis importantes de Tui e, ademais, as vías provinciais que pasan por ela conectan con outro municipio que é Salceda de Caselas, polo que é importante actuar e aplicar os novos criterios da Deputación de calmar o tráfico e chegar a unha convivencia entre peóns e vehículos nun contorno de seguranza viaria. Estamos a elaborar un proxecto para crear un espazo seguro", subliñou o deputado nacionalista.

 

 

Así mesmo, Benítez comprometeuse co rexedor a asinar, en breve, un convenio entre a Deputación e o Concello para financiar a obra. Neste momento é preciso pechar o traballo técnico e axustar a actuación, así como tramitar os informes pertinentes ante o departamento de estradas da Xunta de Galicia (xa que as vías provinciais conectan coa PO-404) e o de Patrimonio (pola afectación da igrexa de San Martiño de Caselas).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.