Mos
O Concello de Mos terá que investir 150.000 euros na reforma integral do Pavillón Pena de Francia
A alcaldesa busca financiación mediante colaboracións doutras administracións
![[Img #30565]](upload/img/periodico/img_30565.jpg)
O ben municipal que resultou más danado polo pasado temporal foi o Pavillón Pena de Francia, no que se derrubaron dúas paredes por completo existindo risco de derrubamento total de todo o Pavillón. Foron os danos máis graves rexistrados en edificacións públicas, pois era unha infraestrutura deportiva de bastante antigüidade.
Ademais de derrubarse por completo dúas paredes, tamén se produciu a rotura de parte da cubrición dos vestiarios producindo a entrada de auga nos mesmos. Esta cuberta actualmente era dun material translúcido.
Estes danos están valorados en preto de 11.500 euros, que cubrirá o seguro, se ben o pavillón require dunha reforma integral debido á súa antigüidade e ás consecuencias na estrutura derivadas destes danos. Dita reforma integral requerirá dunha inversión económica duns 150.000 euros, pois se fará a reposición completa das paredes, da cuberta e do solo do edificio, así coma a acometida dun sistema de drenaxe do que actualmente carece.
Esta instalación deportiva fora construída fai máis de 20 anos sobre unha antiga pista de terra. O chan do terreo de xogo instalouse sen placa e sen acometida de drenaxe de augas, o que motivaba que o solo se atopase constantemente mollado. Así mesmo o tellado do pavillón xa sufría pequenas filtracións de auga que agora tras o temporal, loxicamente, incrementáronse. É por elo que a reforma integral do mesmo faise dunha necesidade imperiosa.
Para esta reforma integral a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, atópase facendo xestións en administracións supramunicipais tales coma a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia; de xeito que o Concello de Mos consiga financiación para este gran proxecto que lle sería inviable asumir en solitario.
Como xa se dixo, as obras a executar no pavillón consisten fundamentalmente na reposición total das paredes, cuberta e o solo. Sen embargo, máis detalladamente os traballos a realizar son limpeza e retirada de todos os entullos, limpeza da primeira fiada de bloque, que se atopa delimitando perimetralmente as dúas fachadas, escavación das dúas fachadas para a realización da cementación das paredes, formigonado e armado da cementación para enlazar as paredes, realizar unha repartición da lonxitude total da fachada en 4 vanos; realización dun novo cerramento, no que, de empregar o mesmo material, deberase proceder a colocación de barras de ferro cada catro fiadas para darlle rixidez aos paramentos, retirada e nova colocación da carpintería metálica exterior (fiestras) que nestes momento non pechan e non impediron a entrada do vento ao interior do pavillón, colocación de carpintería metálica na fachada principal, (existía unha porta metálica de dúas follas e con mainel fixo polo que accedía o público sendo o acceso dos xogadores polos vestiarios), disposición da instalación eléctrica nas paredes, (previo ao temporal nas paredes existían focos de iluminación e sinalización de emerxencia) e repaso da cuberta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149