Nigrán
Conclúe o curso de Soldadura Semiautomática co 40% dos alumnos xa traballando
O Concello investiu nesta acción formativa dirixida a 15 desempregados de Nigrán un total de 12.200 euros. Ao longo deste ano repetirase
![[Img #30571]](upload/img/periodico/img_30571.jpg)
O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou a semana pasada os diplomas acreditativos aos 15 alumnos que finalizaron con éxito o curso de "Soldadura semiautomática MAG/MIG para homologacións 2G e 3G" organizado dende o Concello. Un total de 6 persoas atoparon traballo xa antes de rematar na mesma empresa na que realizaron as correspondetes prácticas, cumplindo así o principal obxectivo, xa que se trataba dunha acción dirixida a desempregados e empadroados no municipio que tiveran, como mínimo, graduado escolar ou equivalente. Precisamente, o curso foi deseñado dende os servizos técnicos do Concello a tenor das características das industrias de Porto do Molle e co obxectivo de adaptar a man de obra dos veciños ás posibles demandas laborais deste polígono. En total, investironse 12.200 euros e se ofreceu de xeito gratuíto para os alumnos. "Realizaremos máis cursos deste tipo porque supoñen unha inmellorable ocasión de ampliar o currículo e, con elo, as oportunidades laborais dos desempregados nigraneses", sinala o alcalde, Juan González.
O alumnado adquiriu os coñecementos teórico/prácticos do proceso de soldadura semiatumática MAG-MIG e pode ser acreditado a través das correspondentes homologacións da European Welding Engineer (EWF). A actividade tivo unha duración de 270 horas nas que se incluíron módulos específicos de prevención de riscos laborais e de prácticas en empresa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149