Tomiño
Un incendio calcina un coche e dana unha vivenda en Tomiño
Unha vivenda de Tomiño viuse afectada por un incendio declarado nun coche. O vehículo, que foi onde comezou o lume, estaba estacionado no baixo da casa. As lapas propagáronse por tres estancias, aínda que a propiedade viuse afectada por completo polo fume.
O incendio rexistrouse nunca casa do Mosteiro, na parroquia de Barrantes. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 8:45 horas desta mañá para indicar que estaba comezando a arder o coche. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou axiña aos Bombeiros do Baixo Miño e ao GES da Guarda. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil.
O lume quedou extinguido contra as 11:00 horas desta mañá. Aínda que son diversos os danos materiais, ningunha persoa resultou afectada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149