Miércoles, 24 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 24 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOTOR

Audi A4 allroad quattro 2.0 TDI 110 Kw

[Img #30587]

 

A gama Audi A4 allroad conta cunha nova versión de acceso, que combina a eficiencia do motor 2.0 TDI na súa variante de 110 kW (150 CV) e cambio manual de 6 velocidades coa eficacia da tracción quattro con tecnoloxía ultra. Está dispoñible cun prezo que parte desde 43.050 euros.


Co seu exclusivo deseño, 34 mm adicionais de distancia libre ao chan comparado co Audi A4 Avant e robustas proteccións nos baixos, o Audi A4 allroad quattro representa un concepto único que combina alto nivel de confort e funcionalidade con prestacións dinámicas e calidades para circular tamén fóra da estrada. A gama inclúe unha nova variante de acceso que se converte ademais no A4 allroad quattro máis eficiente, ao combinar o motor 2.0 TDI de 110 kW (150 CV) na súa versión con cambio manual de seis velocidades coa tracción quattro con tecnoloxía ultra.


O 2.0 TDI de 110 kW (150 CV) permite ao Audi A4 allroad quattro alcanzar o 100 km/h desde parado en 9,1 segundos, e a súa velocidade máxima é de 205 km/h. O consumo medio homologado de combustible é de 4,9 l/100 km, equivalente a unhas emisións de CO2 de 127 g/km.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.