Mos
Unha persoa ferida nun accidente en Mos
![[Img #30657]](upload/img/periodico/img_30657.jpg)
Unha persoa resultou ferida esta noite en Mos despois de producirse unha colisión entre un camión e un coche. O accidente tivo lugar na Avenida de Peinador.
Segundo se lle indicou ao 112, o turismo esnafrouse contra o camión, que nese intre estaba estacionado na beira da vía. Os efectivos de emerxencias mobilizados tiveron que liberar o vehículo, que quedou incrustado no camión.
Unha persoa particular informou dos feitos ao 112 Galicia ás 23:30 horas de onte. Acto seguido, os profesionais da central de emerxencias do 112 alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Baixo Miño. A situación tamén foi posta en coñecemento do Servizo de Emerxencias da localidade e da Garda Civil.
A persoa ferida foi trasladada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149