O PORRIÑO
O Festival de Cans formará á súa veciñanza nas técnicas de gravación, edición e montaxe
Deste xeito, a organización quere facer un ano máis unha aposta pola educación, a formación e a didáctica propiciando que os habitantes da parroquia vivan o festival dende dentro.
![[Img #30678]](upload/img/periodico/img_30678.jpg)
O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo. Tras o éxito acadado o ano pasado, un grupo de dez persoas de todas as idades desenvolverá un proxecto que, nesta ocasión, terá a emigración como tema principal. A escolla da temática ven propiciada polo obxectivo de traballar co patrimonio oral e a historia viva que constitúen as persoas maiores da aldea. As veciñas e veciños que conformen o grupo de traballo construirán un arquivo de antigas imaxes que o festival gardará edición tras edición para que non se perdan co paso dos anos.
O obradoiro, que se impartirá dende o primeiro sábado de marzo ata o mes de maio, terá un prezo de 20€ para a xente que colabore de xeito habitual coa organización do Festival de Cans, e de 40€ para o público xeral, tendo preferencia na inscrición este primeiro grupo. Todas as persoas en participar neste curso que se levará a cabo na sede do Festival de Cans deberán chamar ao 679433076 ou enviar un correo electrónico a festivaldecans@festivaldecans.com co seu nome, idade, lugar de residencia e teléfono de contacto antes do xoves 2 de marzo ás 14h00.
As progresións semanais dos alumnos e alumnas durante o curso poderán verse no blogue Cans 303, espazo no profesor Juanma Lodo xa publica de xeito habitual pezas con nocións básicas sobre o eido audiovisual e onde narrará o día a día das diferentes sesión que se levan a cabo. Está previsto que o alumnado reciba a visita de varios técnicos e realizadores para que os aconsellen durante a súa formación, tal e como xa aconteceu o ano pasado con profesionais do sector como Enrique Otero.
O próximo domingo 5 de marzo remata o prazo de recepción de curtametraxes e clips a concurso para esta edición
O proxecto final que xurda desta iniciativa será proxectado durante o festival, ao igual que se fixo co documental “Ponte a última”, un traballo sobre a memoria dos bares pechados na aldea. Dende a organización agárdase que con este evento se volva vivir tanta emoción e implicación no “Día dos veciños” como sudeceu na pasada edición, momento no que a xente de Cans se converte na auténtica protagonista nunha xornada de celebración e convivencia interxeneracional.
Última semana para a recepción de curtas e clips
A convocatoria para concursar nesta edición do festival estará aberta ata o próximo domingo día 5 de marzo e a ela poderán concurrir curtametraxes, videoclips e calquera tipo de peza curta dirixida por realizadores ou realizadoras galegas ao longo dos anos 2016 e 2017. Polo de agora, dende a organización afirman que a recepción de obras medra cada día a bo ritmo, pero aínda se agarda que nos días finais poida subir o número de pezas inscritas. As persoas que queiran participar deberán facelo a través da plataforma dixital www.festhome.com e as bases ao completo poden descargarse na web do Festival de Cans www.festivaldecans.gal.
Amadriña ou apadriña un jalpón
A pouco máis de dous meses do festival, a organización segue facendo grandes esforzos por tratar de pechar o seu orzamento, sobre todo na busca de patrocinadores privados, con campañas como "Amadriña ou apadriña un jalpón”. As súas salas de proxección póñense a disposición de patrocinadores públicos e privados como espazo promocional privilexiado. Ao mesmo tempo o festival comprométese a buscar propostas á medida de cada colaborador, dende empresas que queiran patrocinar un dos espazos ata pequenos negocios que desexen facer intercambios en especies, poñer un spot nas pantallas das salas ou un anuncio no Canzine, a revista oficial do certame. Quen estea interesado pode contactar a través do mail patrocina@festivaldecans.com.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61