MOS
En marzo comezarán as obras da nova Escola Infantil da Veigadaña
O prazo de execución é de 11 meses polo que entrará en funcionamento no cursos 2018-2019.
![[Img #30684]](upload/img/periodico/img_30684.jpg)
O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou esta semana o Concello de Mos para anunciar o inminente comezo das obras de construcción da nova Escola Infantil da Veigadaña. Foi recibido na Casa Consistorial mosense pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.
Perfecto Rodríguez informou ás representantes municipais de que os traballos lle foron adxudicados á empresa Misturas S.A. que iniciará os labores de construcción a principios do vindeiro mes de marzo, nun prazo dunhas dúas semanas aproximadamente.
O prazo de execución da obra é de 11 meses, polo que a escola estará rematada a principios de 2018 e o prazo de matrícula na mesma para o curso 2018-2019 abrirase xa ao mesmo tempo que no resto de Escolas Infantís ‘A Galiña Azul’. Deste xeito a Escola Infantil da Veigadaña entrará en funcionamento en setembro de 2018.
O procedemento de contratación da empresa adxudicataria foi aberto multicriterio e de tramitación ordinaria. A Escola Infantil da Veigadaña será de seis unidades e está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A tramitación da contratación da obra foi ordinaria e documentalmente simplificada, e tratouse dun procedemento aberto. O orzamento base de licitación era de 863.466,82 euros, IVE incluído.
O proxecto da Escola Infantil foi redactado e aprobado polo Concello de Mos. Con esta nova Escola Infantil “Mos convertirase nun Concello de referencia a nivel autonómico no que respecta ao número de prazas de Escolas Infantiles ofertadas”, segundo declaraba hoxe a rexedora local, Nidia Arévalo.
A futura nova Escola Infantil da Veigadaña será a terceira para o Concello de Mos. O novo centro infantil de 0-3 anos emprazarase na Veigadaña. Esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do Concello. O novo edificio constará de 82 prazas e 6 unidades.
Ademais deste novo centro na Veigadaña, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Escola Infantil de Cototorrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011. Unha vez aberta a futura gardería da Veigadaña vanse multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009.
O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Cototorrón, con outras 41 prazas.
A nova Escola Infantil da Veigadaña terá unha superficie útil de 600 metros cadrados, situada no núcleo rural de Veigadaña.
A terceira Escola Infantil da localidade mosense será pronto unha realidade. A alcaldesa de Mos explica neste sentido que “a necesidade dunha nova gardería era de vital importancia, dada a enorme demanda de prazas, demanda que ademais crece cada ano, e motivo polo cal a día de hoxe temos máis de 50 nenos e nenas en lista de espera para matricularse nas dúas Escolas Infantís existentes: Porteliña e Cototorrón”, declarou Nidia Arévalo.
Dada a gran demanda de prazas de gardería que aumenta anualmente de xeito substancial, a nova Escola Infantil que se construirá en Mos será do formato de seis módulos, que é o máis grande de entre os existentes.
O proxecto da nova Escola Infantil en Veigadaña configúrase cunha xeometría circular, optimizando a superficie e o aproveitamento da luz solar do edificio. Para formular a disposición dos distintos elementos, realizouse un estudo das orientacións da parcela, de modo que a zona de aulas disponse na parte sur e oeste, recibindo a máxima achega solar, mentres que a zona de servizos disponse na parte norte.
Dispóñense ademais diferentes espazos libres interiores para a realización de actividades de ocio.
Formúlase a utilización de sistemas de xeración de enerxía pasivos, tratando de adaptar o deseño do edificio aos estándares de sostibilidade. O proxecto pretende xerar un espazo interior de calidade no que alumnos e profesores poidan desenvolverse e gozar do proceso de aprendizaxe, unha actividade fundamental en idades tan temperás.
O proxecto foi realizado polos arquitectos Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós (que estiveron tamén presentes na vista do xerente do Consorcio ao Concello de Mos); esta última é ademais unha novísima profesional veciña de Mos, que está a facer unha contribución de gran relevancia ó seu Concello con esta innovadora construcción de importantísima función social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149