Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 26 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva plantea na FEMP a necesidade de consultar aos concellos nas lexislacións que afecten o seu funcionamento

A Presidenta da Deputación ofrece á FEMP a colaboración dos técnicos para a implantación da administración electrónica noutras institucións provinciais.

[Img #30712]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, impulsou  na xuntanza da subcomisión das institucións provinciais e cabildos da Federación Estatal de Municipios e Provincia (FEMP) a necesidade de que o Goberno do Estado  e as gobernos autónomos conten cos  concellos na redacción das leis sobre o funcionamento das administracións locais.

 

Carmela Silva incidiu nesta necesidade ao coñecer as dificultades coas que se atopan moitas deputacións e cabildos no noso pais  para a implantación da administración electrónica. “O Goberno español e as comunidades autónomas non poden decidir o que teñen que facer os concellos mediante leis sen dotalas economicamente e sen capacidade técnica para executalas”, subliñou Silva.

 

Por elo, dende a FEMP, destaca a Presidenta da Deputación, van dirixirse ao goberno de Mariano Rajoy  e, de igual xeito, as comunidades autónomas para que consulten aos concellos cando elaboren a lexislación que afecte a administración local para comprobar a viabilidade da posta en marcha de novas leis.

 

A Presidenta destacou que  a Deputación de Pontevedra é a primeira  en por en marcha a administración electrónica colaborando cos concellos para que podan implantala “pero moitas deputacións indicaron hoxe na xuntanza que non poden implantalas por problemas, como que non chega a banda ancha a todas as localidades ou que non teñen suficientes recursos económicos, ademais dos problemas que poñen os operadores de telecomunicacións”. Por elo a FEMP vai crear unha comisión de traballo cos técnicos de distintas deputacións para abordar as solucións á implantación da administración electrónica, “na que, por suposto, vai colaborar o noso departamento de novas tecnoloxías que tan bo traballo está a facer en moitos concellos da provincia para dotalos dos medios e das ferramentas para este fin”, subliñou Silva.

 

Outro dos aspecto principais abordados na xuntanza de hoxe da subcomisión das deputacións da FEMP  foi o despoboamento das zonas rurais de moitas provincias. A este respecto, Silva destacou que a FEMP está a elaborar un documento base que no mes de marzo vaise remitir a todas as deputación para que fagan as súas aportacións. “En Pontevedra imos enviar este documento a todos os concellos da provincia para que nos aporten aquelas cousas que consideren necesarias”, sinalou Carmela Silva.

 

En xuño a FEMP abordará nun encontro todas as aportacións dos concellos e das deputación para elaborar unha serie de medidas para evitar este despoboamento que serán remitidas ao goberno do estado.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.