Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG de Mos presenta unha moción ao pleno para a realización de melloras no CEIP de Atín

A xunta rexeitou a enmenda aos seus orzamentos e agora o pleno de Mos ten que definirse.

[Img #30720]O  CEIP de Atín ten unha serie de carencias que motivaron a presentación por parte do grupo parlamentar do Bng, dunha enmenda aos orzamentos da Xunta de Galicia.

 

Esta enmenda foi rexeitada polo PP no parlamento galego, polo que "desde o grupo municipal do Bng de Mos, levamos ao pleno do concello esta moción para dar a oportunidade á corporación a definirse sobre as melloras que se piden" explican.

 

"Sempre hai melloras que realizar en calquer centro escolar, pero co paso do tempo, hai algunhas que collen o cariz de urxentes a outras se lle resta importancia" aseguran.


Así din que "unha mellora que é reclamada con urxencia hoxe en día, é a mellora do acceso ao centro escolar, que nestes momentos se fai por unha longa  escaleira con bastante desnivel, o que significa un perigo para todos os usuarios/as do centro. Ademais o lugar de aparcamento non dá albergado a todos os vehículos á hora de deixar ou recoller aos alumnos/as".

 

Para o BNG "hay unha opción inmellorable , que é a adecuación dunha entrada pola zona do campo de deportes , o que esixiría o arranxo da parcela lindante co centro. Esta parcela que pertence xa ao  concello, ten espazo suficiente para que unha vez arranxada teña capacidade para os autobuses e vehículos particulares que levan aos alumnos/as ao centro".

 

Ademais, habería "que continuar co cambio das ventás do centro, que conseguiría un notorio aforro en calefacción dado o seu mal estado".

 

"A rede do peche perimetral tamén está en mal estado, con ocos por onde poden pasar animais ao centro ou inclusive poden sair os nenos, concretamente na zona do parque infantil é onde é máis perigoso" explican.

 

Por todo esto o Bng solicita ao goberno "a presionar e esixir á Xunta de Galicia a que leve adiante os arranxos no colexio, dando prazos de execución do cambio das ventás , do arranxo do peche perimetral, así como do arranxo da parcela que solucionaría o grave problema de aparcamento".

 

E "no caso de facer caso omiso desta reclamación por parte da Xunta, que o propio goberno do concello de Mos  leve adiante o arranxo da parcela do aparcamento, así como do peche perimetral. E que continúe presionando á Xunta para o resto dos arranxos" aseguran os nacionalistas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.