MOS
O corazón de Mos son as súas mulleres e a elas hónrase este ano con motivo do seu Día Internacional
18 mulleres destacadas do municipio son a imaxe do cartel da programación.
![[Img #30738]](upload/img/periodico/img_30738.jpg)
Mos considera ás súas mulleres o corazón do Concello, por iso este ano, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, quíxolles render ás súas veciñas máis destacadas unha homenaxe moi especial, ser a imaxe do cartel da programación.
Para elo 18 mulleres mosenses de relevancia e destacadas en diferentes ámbitos como o cultural, deportivo, empresarial, etc. déronse cita onte no Pazo de Mos acompañadas pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro.
Estas mulleres foron a presidenta actual e a expresidenta e fundadora de Asodifisi (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos), Asun e Maruja, respectivamente; as campionas deportivas Patricia Martínez (Baile Deportivo), Susana Alonso (Ciclismo de Montaña) Soledad Castro (Atletismo) e Celia Iglesias (Natación); a empresaria Pili Carrera, a poeta María Magdalena, a cantante Uxía; Silvina, integrante do grupo Malvela; Ana e Lorena, dúas monitoras da Piscina Municipal; Marta, Policía Local (a primeira e única Policía Local muller de Mos); Mariví da directiva da Asociación de Mulleres Rurais, Ángeles Lorenzo a directora da Banda de Música Xuvenil de Torroso, María José a coordinadora de Mos Axuda e Maribel Lorenzo, voluntaria da Agrupación de Protección Civil de Mos.
Todas estas mulleres participarán tamén no acto central conmemorativo do Día da Muller, que será unha andaina aberta a todo o público que desexe asistir e que terá lugar o propio 8 de marzo ás 17.00 horas da tarde con saída dende o Pazo de Mos. A continuación Alba Alonso Feijoo, especialista en igualdade, dará no Pazo unha conferencia titulada “Necesitamos nenas valentes e nenos sensibles”. En ambas actividades é necesaria inscrición previa chamando ao teléfono 986337278.
O programa do Día Internacional da Muller 2017 incluirá tamén o musical “La Calderona” do actor mosense Pablo Paz, pregoeiro das Festas da Rosa 2013, e da actriz Natalia Calderón. Será o sábado 11 de marzo ás 21.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso e a venta de entradas (5 euros) realizarase anticipadamente no Centro Dotacional e no Multiusos das Pozas.
Tamén ese mesmo día, o sábado 11 de marzo, o Concello de Mos e a Asociación de Palilleir@s de Mos organizan conxuntamente a III Xornada Multilabores en horario de 10.00 horas a 19.00 horas. Será no Pazo de Mos e ao longo da mesma impartiranse cursos de iniciación en diferentes disciplinas tales coma punto de cruz, calceta, patchwork, pintura en tea, filtiré, etc. A inscrición previa pódese facer a través dos teléfonos 616 918 164 e 675 310 658.
Sobre esta programación rexedora local e edil de Política Social declararon sentirse “orgullosas”. “Pero máis orgullosas aínda estamos de contar en Mos cun repertorio tan variado de mulleres de éxito, referentes en distintos ámbitos, pero todas exemplo de traballo, esforzo e superación que merecen ser recoñecidos e honrados”, aseguraron Arévalo e Cebreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149