Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 27 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra achega 68.000 € para entidades sociais que impulsen a igualdade

As axudas van dirixidas a entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan no 2017 proxectos, programas e actividades para promover a igualdade efectiva e loitar contra a violencia machista.

[Img #30756]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda convocatoria das subvencións para entidades sociais da provincia de Pontevedra que leven a cabo proxectos, programas e actividades para a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na provincia.

 

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, subliñou que “se trata da segunda convocatoria deste tipo de subvencións, o ano pasado puxemos en marcha a primeira, que eran inexistentes ata que se constituíu este novo goberno provincial, ao igual que era inexistente o servizo de igualdade”. Tamén engadiu Silva que “fronte ós recortes da Xunta de Galicia e do Goberno de España en materia de igualdade nós apostamos por crear un servizo de igualdade e por incrementar o orzamento para apoiar proxectos a favor da igualdade en todos os ámbitos da vida social, política, económica e cultural e da prevención da violencia machista”.

 

En concreto, tal e como afirmou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, poderán optar a estas achegas aquelas entidades sociais sen ánimo de lucro que presenten proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; programas de atención integral a vítimas de violencia machista, fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo; proxectos e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; programas e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; iniciativas encamiñadas á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.

 

As entidades que presenten a solicitude, cuxo prazo rematará en 30 días naturais contados a partir da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, poderán optar a unha subvención máxima de 6.000 €.


A estas achegas,aprobadas esta semana, hai que sumar os 200.000 € que a institución provincial puxo en marcha xa para os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que leven a cabo actividades para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.