Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participará nun proxecto europeo de dos servizos públicos transfronteirizos

A Eurorrexión, a través da AECT Galicia-Norte de Portugal, resultou beneficiaria do Programa de cooperación ESPON 2020, dentro dunha candidatura conxunta.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal, participará nun proxecto de cooperación europeo destinado á mellora dos servizos públicos transfronteirizos. O programa terá unha duración de dous anos e medio e disporá dun orzamento total de 500.000 euros.

 

A AECT resultou beneficiaria do Programa de cooperación ESPON 2020 dentro dunha candidatura conxunta, liderada por unha rexión danesa. Na mesma, participan ademais outras 11 áreas transfronteirizas de Alemaña, Suecia, Eslovenia, Finlandia, Bélxica, Austria e Portugal.


 
Os obxectivos principais do proxecto Cross-Border Public Services (CPS) pasan por identificar e facer un mapa dos servizos públicos transfronteirizos existentes; realizar investigacións que permitan sentar as bases para mellorar os servizos que xa existen e aqueles que están en desenvolvemento; xerar consciencia sobre o valor engadido destes servizos; intercambiar experiencias e prácticas; e, por último, presentar e divulgar os resultados.

 

 

 

 

O programa terá unha duración de dous anos e medio e contará cun orzamento total de 500.000 euros

 

 

 

 

Máis en concreto, este traballo servirá tamén para que as 11 fronteiras ou áreas transfronterizas que participan no proxecto poidan mellorar a prestación dos seus servizos públicos transfronteirizos e avanzar de cara a incorporar a perspectiva europea nas políticas ou programas relacionados co desenvolvemento territorial e a cohesión.

 

Ademais, cómpre destacar que a Asociación das Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) exercerá como helpdesk do proxecto e que estarán implicados como observadores o Comité das Rexións, a Misión Operativa Transfronteiriza (MOT), Francia, o Servizo central europeo para iniciativas transfronteirizas (CESCI), Hungría, e a Asociación internacional de institución de desenvolvemento rexional (IARDI). Todos eles encargaranse de promover este proxecto e divulgar o seu resultado final a través dos seus canais de comunicación, co obxectivo de que a súa difusión chegue a toda a Unión Europea.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.