O PORRIÑO
O Concello do Porriño terñá unha nova páxina web nun prazo de tres semanas
![[Img #30768]](upload/img/periodico/img_30768.jpg)
O Concello do Porriño disporá dun novo portal web nun prazo de tres semanas. A alcaldesa mantivo unha xuntanza cos encargados de desenrolar a nova web municipal que apuntaron ese prazo como o máis acaído para poñela en funcionamento.
Eva García de la Torre sinalou que será posible desenrolar o portal web grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra que, ademais dunha achega económica, aportará asistencia técnica para a posta en marcha da Administración Electrónica.
A alcaldesa sinalou que a nova web do Concello cumprirá coa promesa electoral de que sexa eficiente, achegada e transparente e permita que as veciñas e veciños poidan facer dende o seu teléfono móbil ou o seu ordenador xestións tan habituais coma Certificados de Empadroamento, Pago de Taxas e Impostos Municipais, consulta de Expedientes ou ver en tempo real contratos e licitacións.
García de la Torre fai autocrítica polo retraso na posta en marcha da web municipal e tamén lembra a situación de “falla de seguridade” nos servizos informáticos do Concello e o “estado calamitoso dos servidores municipais que estaba a poner en perigo a información almacenada”.
A alcaldesa sinala, ademais, que o Goberno local plantexou nun Pleno en outubro de 2015 a necesidade de aprobar unha partida orzamentaria para reformar todo o sistema informático e crear esta nova páxina web, “pero a oposición rexeitou a proposta votando en contra”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33