Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 02 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Concurso de Disfraces Infantil en Salvaterra de Miño

[Img #30837]

 

Un ano mais, e dentro das diferentes actividades que se organizan dentro do Entroido, o Concello de Salvaterra de Miño organizou o seu Festival Infantil, que ten como eixo central o Concurso de Disfraces. Concurso onde participaron preto de 100 nenos e nenas que luciron con gran orgullo os seus traxes, pero sobre todo viñeron con ganas de pásalo ben.


 
Según o xurado, formado por Sonia Míguez – Técnico en Turismo e Animadora Sociocultural, Maria de la Calle – Publicista e Animadora Sociocultual e Cándido Carrera – Copiloto campión do Mundo de Rallys, cada ano é máis difícil escoller aos gañadores que se disputaban eses tres premios, valorados en 100, 75 e 50€ canxeables en produtos, roupa ou material infantil .  O xurado tivo que puntuar en base a orixinalidade, o traballo do disfraz, a confección artesanal e a posta en Escena.


Os gañadores desta edición foron:
                1º NICOLAS RODRIGUEZ PORTO  Nº 57 – SISTEMA SOLAR
                2º TATIANA GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ Nº 25 –  GUERREIRA
                3º AMELIA ALVAREZ Nº 56 - TROTAMUNDOS
 
A Concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, abriu o acto dando paso a actuación das nais e pais que forman parte do grupo “O Coliño Bailongo” unha iniciativa preciosa onde se busca a creación de lazos entre nais, pais nenos e nenas, pero sobre todo busca facer grupo a través dunha actividade tan dinámica como é o baile e deulle as gracias por vir unha vez máis a Salvaterra a  desprender esa enerxía, simpatía e ilusión  que traen. Ao finalizar a entrega de premios deu as gracias a todos os presentes por participar un ano mais neste Festival Infantil, pero sobre todo por ese traballo conxunto a hora de preparar os disfraces entre os nenos e nenas e os seus pais e nais, o que fai desta celebración algo tan especial para os mais cativos. Ademais recordou e o próximo 4 de marzo péchase o Entroido co Enterro da Lamprea, e que todo aquel que quixera participar aínda estaba a tempo formando parte da comitiva de choronas que despide a defunta.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.