Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno da Deputación destina máis de medio millón de euros para a contratación de 67 persoas en catro municipios

Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove son os catro concellos beneficiarios das achegas.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar este venres a sétima concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 526.719,25 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada aos concellos de Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove para que poidan contratar a 67 persoas.

 

Con estas sete achegas, a institución provincial leva xa investidos en pouco máis dun mes un total de 6.865.700,15 €, o que supón 0 74,06% da liña 3 do Plan Concellos 2017. A Presidenta provincial sinalou a súa satisfacción “polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos”, grazas á cal “a día de hoxe xa se crearon 898 postos de emprego en 49 concellos da provincia de Pontevedra”que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.

 

 

 

 

A Deputación leva investidos case 7 millóns de euros, preto do 75% da liña 3, o que supón 898 persoas empregadas en 49 concellos da provincia

 

 

 

 

En concreto, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar as seguintes achegas a estes catro concellos:Catoira recibirá 61.334,62 € para a contratación de 11 persoas, Forcarei  un total de79.641,80 € dirixidos a 9 traballadoras e traballadores, Gondomar outros 211.000,61 € para dar emprego a 21 persoas e O Grove recibirá 174.742,22 € para a contratación de 26 traballadoras e traballadores.

 

Este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traducenun 3% máis que o ano pasado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.