MOS
Arévalo asegura que "o Concello de Mos atende todas as necesidades por emerxencia social"
Nos últimos 4 anos déronse unhas 200 axudas.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamenta “a ignorancia e descoñecemento do grupo municipal do PSOE, que di que o Concello non ten axudas de emerxencia para que as familias con situación precaria fagan fronte ás súas necesidades”.
“Esta actitude non demostra máis que ignorancia e irresponsabilidade por parte dos membros do PSOE”, declara a rexedora local, “que non están máis que a demostrar que son uns indocumentados”. Ademais Nidia Arévalo califica de “pouco serio que os socialistas de Mos nunca se interesen polos servizos sociais municipais, nunca pregunten ao respecto, nin pasasen polas oficinas do departamento de Política Social nin unha soa vez en toda a lexislatura, e agora de repente utilicen este tema para facer dano e, por riba, facelo dende o descoñecemento máis absoluto e mentindo categóricamente”.
Tamén recalca que “coas súas falsas acusacións os socialistas están a insinuar que as técnicos dos servizos sociais non están a facer correctamente o seu traballo, o que é gravísimo e intolerable”.
A alcaldesa só lle dá a este feito dúas posibles explicacións, “ou ben que os socialistas mosenses están perdidos, non teñen nin idea e non se enteran de nada, e dan paus de cego para facer oposición; ou que directamente se inventan as cousas con mala intención intentando facer dano”.
Datos
As súas afirmacións son radicalmente falsas, xa que dende o departamento municipal de Política Social aténdense todas as necesidades por emerxencia das familias en situación precaria e xestionáronse nos últimos 4 anos (dende o 2013) 198 axudas por emerxencia social, o que representa unha media de 50 axudas anuais. E hay unha partida presupostaria no orzamento anual de 30.000 euros destinada a este fin.
É máis, do orzamento total do 2017 que é de 9.874.000 euros, a partida de benestar social ascende a 1 millón de euros, o que representa preto do 15% do total do presuposto. Ademais respecto do ano pasado esta partida incrementouse en 200.000 euros, sendo a que máis creceu.
“Todos estes datos”, destaca Arévalo, “deberían coñecelos os socialistas mosenses, pois o documento do orzamento para o 2017 presentóuselles o pasado mes de novembro, antes de ser levado a Pleno; e en ningún momento fixeron ningunha aportación ao respecto nin pediron que se aumentase a partida de benestar, porque é a máis elevada da historia deste Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149