MOS
Xabier Pérez do Club de Xadrez Mos, subcampión galego Sub10
O equipo mosense leva xa un gran palmarés no que vai de tempada 2017.
![[Img #30882]](upload/img/periodico/img_30882.jpg)
A pasada fin de semana, concretamente do 25 ao 28 de febreiro, disputouse a fase final dos Campionatos Galegos de Xadrez, categorías Sub10, Sub14 e Sub18, en Viveiro, Lugo. Fase Final á que poden acceder xogadores/as que xogasen os campionatos provinciais da súa correspondente provincia, ou xogadores/as con ránking Fide.
O Club Xadrez Mos tivo a honra de contar cun dos seus xogadores no podio. Na Fase Final da categoría Sub10 (xogadores de 10 anos ou menos), o xogador Xabier Pérez Sousa proclamouse subcampión galego, empatado a puntos co campión. O devandito resultado daralle a posibilidade a Pérez Sousa de acudir aos campionatos nacionais, representando ao Club Xadrez Mos, becado pola Federación Galega de Xadrez. Os campionatos nacionais disputaranse o vindeiro mes de xuño en Granada.
O éxito de Xabier é a punta do iceberg dun proxecto cada día máis consolidado. Dun maior número de xogadores afeccionados ao xadrez no Concello de Mos, que co apoio do Club Xadrez Mos poden profundar no seu interese por este deporte. O subcampionato galego non é froito da casualidade, senón da preparación de cada semana, tanto na escola de xadrez, como competindo na Liga Galega por Equipos, na cal representa, do mesmo xeito que moitos compañeiros e compañeiras, ao Club Xadrez Mos.
Este logro, o subcampionato galego obtido por Xabier Pérez Sousa, engádese ao bo palmarés do Club na tempada 2017, na cal obtiveron grandes resultados nos campionatos provinciais da provincia de Pontevedra, onde Carla Ramírez Senlle proclamouse campioa feminina, Pablo Losada Perez, subcampión da provincia, e Gabriel González Romeu terceiro clasificado. Todos eles na categoría Sub12 (xogadores de 12 anos ou menos).
En Semana Santa dispútanse as fases finais dos Campionatos Galegos nas categorías restantes: Sub8, Sub12, Sub16 e Absoluta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149