O PORRIÑO
M. Alejandro Lorenzo concorre mañá ao Congreso Local co respaldo formal da metade do censo de afiliados
O único candidato á presidencia do PP do Porriño presentou onte 324 avais de apoio á súa candidatura .
O único candidato á presidencia do Partido Popular do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, presentou 324 avais de apoio á súa candidatura á presidencia do PP local. Así, Lorenzo concorre mañá ao que será o quinto Congreso Local co respaldo formal da metade do censo de afiliados.
Os máis de 660 afiliados do PP de Porriño están convidados a decidir mañá sobre o futuro da agrupación. Ás 11:00 horas o Salón Principal do Restaurante Manolo abrirá as súas portas para celebrar o V Congreso Local do PP do Porriño. Unha vez acreditados os asistentes, ás 11:30 horas iniciarase o conclave coa constitución da Mesa, seguida da intervención do candidato.
Os máis de 660 afiliados do PP de Porriño están convidados a decidir mañá sobre o futuro da agrupación
Desde o Comité Organizador do Congreso, presidido por José Manuel Barros, informan de que a votación levará a cabo a man alzada ás 12:30 horas. Tras a mesma, haberá unha intervención do xa presidente electo e pechará o acto o presidente provincial Alfonso Rueda Valenzuela, e a presidenta do Congreso, Ana Pastor, ao redor das 13:30 horas.
Os populares convidan a militantes e simpatizantes do partido para participar e ser parte activa deste proceso no que se dirimirá o futuro dos populares porriñeses os próximos anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170