Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21
Martes, 07 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño colabora na formación de árbitros e oficiais de mesa entre xogadores de 13 a 16 anos

O Concello e Club Porriño de Baloncesto Base, xunto co Comité Galego de Árbitros, emprenderán nunhas datas as tarefas de promoción dos árbitros e oficiais de mesa, buscando achegar esta imprescindible área do baloncesto a novos aspirantes a formarse na mesma.

[Img #30891]

 

O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, o presidente da  Federación Galega de Baloncesto (FGB), Francisco Martín-que estivo acompañado polo responsable de Relación cos clubs FGB en Vigo, José Luis Pérez- e o presidente do Club Porriño Baloncesto Base, José Carlos Ruíz Juane, asinaron un convenio de colaboración entre as tres entidades que permitirá a materialización de actividades de fomento da arbitraxe a levar a cabo en O Porriño ao longo deste 2017.


O Concello e Club Porriño de Baloncesto Base, xunto co Comité Galego de Árbitros,  emprenderán nunhas datas as tarefas de promoción dos árbitros e oficiais de mesa, buscando achegar esta imprescindible área do baloncesto a novos aspirantes a formarse na mesma.


O presidente da Federación Galega lembrou que foi no Porriño cando, en 1998, se fixo por primeira vez a proposta de formar árbitros e oficiais de mesa entre xogadores de 13 a 18 anos, para garantir que haxa xuices nos encontros das categorías inferiores e, ao mesmo tempo adquiran un mellor coñecemento do regulamento.


Manuel Carrera salientou  que para O Porriño, ao que se coñece coma o Concello do Deporte, é importante que “as rapazas e rapaces teñan capacidade de ampliar os seus coñecementos”, algo no que o Goberno local sempre contribuirá porque “canta máis formación, non so haberá máis categoría das competicións e, sen dúbida, os adestradores, os directivos e, por suposto, os xuices, oficiais e árbitros, son todos eles deportistas”.


A xuizo da Federación Galega de Baloncesto, este importante paso dado polo Concello de Porriño e o Club Porriño de Baloncesto Base completa o camiño xa emprendido por outros clubs galegos como Carmelitas Vedruna, Bosco Salesianos Ourense e ADM Peleteiro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.