Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 06 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

M. Alejandro Lorenzo elexido NOVO presidente do PP do Porriño

Acompañando a Lorenzo estiveron a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente provincial, Alfonso Rueda, o presidente da xestora Carlos Martínez, a vicepresidenta provincial e Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz , entre outros, así como os compañeiros do grupo municipal do Porriño.

[Img #30897]

 

O concelleiro e alcalde pedáneo de Chenlo, Manuel Alejandro Lorenzo, foi elexido  por aclamación Presidente do Partido Popular do Porriño. A familia popular porriñesa abarrotou esta mañá o salón principal do Restaurante Manolo para mostrar o seu respaldo ao xa proclamado presidente e participar no proceso que define o futuro próximo do PP do Porriño.


Acompañando a Lorenzo estiveron a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente provincial, Alfonso Rueda, o presidente da xestora Carlos Martínez, a vicepresidenta provincial e  Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz , entre outros, así como os compañeiros do grupo municipal do Porriño.


As palabras do novo presidente deixan clara a forza e a unidade coa que o PP do Porriño afronta esta nova etapa , "comezamos unha nova etapa, cun proxecto que afronta os problemas e busca solucións", sinalaba Lorenzo, "un proxecto no que todos loiten polos seus soños". Con forza renovada e co claro respaldo de afiliados e simpatizantes o Presidente chama a todos a "remar xuntos no mesmo camiño", un camiño que él mesmo asegurou "pasa pola unidade de todo o Partido Popular no Porriño".

 

 

 

 

“Traballaremos xuntos. Ninguén é prescindible no PP do Porriño. Non quero ser máis que ninguén, nin menos que ninguén, e así quero que se sintan todos as afiliadas e afiliados do Porriño”, M. Alejandro Lorenzo

 

 

 

 

O novo líder dos populares porriñeses quixo agradecer á militancia o respaldo obtido "sen vós esto non sería posible e tentaremos que todas e todos podades sentirvos partícipes neste proxecto" e animounos a seguir traballando xuntos de cara a conseguir que o Partido Popular esté onde se merece, no Goberno do Porriño.

 

 

 

 

"Aínda que nos machaquen, nos critiquen, nos tiren pedras e os acusen... non pasa nada porque o único que non imos a facer é non facer nada", M. Alejandro Lorenzo

 

 

 

 

No mesmo sentido se manifestou o ata o hoxe presidente da Xunta Xestora, Carlos Martínez que agradeceu aos afiliados que a día de hoxe o PP do Porriño esté vivo e unido, "podo decir que as bases para a reestructuración do partido están sentadas, e a día de hoxe este partido está máis unido, está máis forte e está máis vivo e funcionando, e para eso só temos que acudir ás últimas citas electorais donde o Partido Popular foi a forza máis votada no Porriño".


Pola súa banda, o presidente provincial, Alfonso Rueda destacou a idoneidade de Lorenzo para dirixir o partido "Alejandro Lorenzo ten todo o noso apoio", salientou, "é alguén con ganas, con empuxe, que non ten problema en dar a cara, é valente... a persona adecuada para volver a levar o barco do PP do Porriño a flote".


A presidenta do Congreso, Ana Pastor, tamén respaldou e animou ao presidente que "todo o mundo sabe é un traballador incansable" que "conta coa admiración de todos, como así demostra este salón repleto". Pastor destacou tamén a unión do PP do Porriño entorno a Manuel Alejandro e ao seu equipo. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, respaldaron coa súa intervención ao recén elexido Presidente do Partido Popular do Porriño.

 

Unha executiva ampla e con representación de todos os sectores sociais

Lorenzo anunciou que nos próximos días comezará as reunións cos membros da xestora, concelleiros do grupo municipal e militantes para definir a nova Executiva do PP local, que como xa adiantara, terá unha ampla representación dos diferentes sectores sociais do Porriño. O Presidente adiantou hoxe algún dos nomes que o acompañarán nesta nova etapa entre os que están Ana María Martínez, José Manuel Barros Martínez, Carlos Martínez, Avelina Tato, Iria Lorenzo, Vanesa Ucha, M. Paz Ferreira, Andrés Vieitez, José Carlos González, Antía Carrera e Ramón Porto Oya.


Nos vindeiros días conformaráse definitivamente a nova executiva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.