Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 06 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta apoia á Rede de Asociacións de Mos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia elixiu tan só 9 de todos os proxectos galegos presentados en 2016, entre eles o de Mos.

[Img #30921]

 

A técnico de Emprego da Axencia de Colocación de Mos, unha voluntaria dixital mosense, e representantes das asociacións involucradas na RAM, Rede de Asociacións de Mos, asistirán mañá en Santiago de Compostela a unha xornada convocada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica, onde se exporán os 9 proxectos galegos seleccionados por esta e que reciben apoio autonómico.


A devandita xornada trátase do 3º Encontro do Programa CeMIT-Innova, promovido pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), no marco do Plan de Inclusión Dixital 2020 da Xunta de Galicia e aliñado coa Axenda Dixital de Galicia 2020. O encontro celebrarase no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura entre as 09:30 e 13:00 horas de mañá.


Durante o mesmo impulsaranse os proxectos seleccionados para a superación de desafíos sociais, que converten as aulas CeMIT en espazos onde a tecnoloxía está ao servizo da Innovación Social Dixital. Os proxectos pilotos seleccionados na convocatoria 2016 do Programa foron un total de 9, entre os que se atopa a RAM, Rede de Asociacións de Mos, e outros proxectos de concellos coma os de Cuntis, Ares, Celanova e A Bola, etc.


A RAM consiste na agrupación das asociacións do municipio nun mesmo proxecto común de dixitalización para o tecido asociativo mosense. A día de hoxe o proxecto é unha realidade que conta cunha plataforma tecnolóxica dixital activa: o Facebook da Rede de Asociacións de Mos (RAM).


O proxecto piloto de innovación social Dixital InnovaticMos, inclúe a Fase de Formación e a Fase de Innovación Social Dixital, a través da que se creou o Facebook da Rede de Asociacións de Mos, RAM.


A Fase de Formación foi executada no 2016. A fase de Innovación Social Dixital iniciouse no mes de novembro e actualmente estanse incorporando progresivamente á plataforma as asociacións do municipio.


O obxectivo desta plataforma é que as asociacións mosenses teñan unha ferramenta común que poidan utilizar para dar difusión ás súas noticias, eventos e actividades, para que toda a poboación teña acceso a esta información, pero que tamén calquera persoa en calquera parte do mundo, poida ter acceso a ela.


O Facebook da Rede de Asociacións de Mos  está dispoñible para calquiera persoa que queira visibilizalo, e neste momento ten un alcance de 5.821 persoas (é dicir, persoas que lle deron a “me gusta”, fixeron algún comentario, ou solicitaron amizade). Polo que, queda demostrado o alcance que pode acadar esta ferramenta, que está ao servizo to tecido asociativo e da cidadanía mosenses, podendo compartir e consultar todalas aquelas noticias e actividades a desenvolver. Dende o departamento municipal de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto tamén se mantén activa diariamente esta ferramenta.


O que se pretende con esta iniciativa dende a administración local é a visibilización das entidades asociativas de Mos, que se fagan visibles, que se saiba que existen; e para iso son necesarias reunións coma esta de recopilación e intercambio de información. Así mesmo fomentarase a participación das entidades asociativas nas redes sociais, ao tratarse estas últimas das ferramentas dixitais con máis peso e presenza na actualidade.


A idea é que toda a información que se incorpore a esta plataforma teña un tratamento individualizado elaborado por cada asociación en cuestión. E un aspecto moi importante e interesante, trátase dunha ferramenta que permite que as entidades colaboren entre elas na medida que lles interese ou consideren necesario.

 

A idea
Este proxecto naceu tras detectarse a necesidade de divulgación informativa das actividades de cada asociación. Deste xeito surxiu a idea dun proxecto piloto para facilitar un espazo común a través dunha ferramenta dixital coa que poder compartir esa información.


En definitiva, trátase este dun proxecto piloto de innovación social dixital, cuxa finalidade é a introducción das novas tecnoloxías entre a poboación mosense a través da formación TIC e a visibilización e participación social das entidades asociativas nas que se concentra esa poboación. O Concello pretende que este espazo teña a consideración de ferramenta de marketing cidadán das entidades asociativas. É dicir, que sexa unha ferramenta que utilicen e nutran as entidades asociativas para darse a coñecer e dar a coñecer as actividades que se organicen desde as mesmas, e que a súa vez, permita obter oportunidades de colaboración entre elas ou con outras entidades de similar sector, ou calquera interesada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.