MOS
Escravas da Virxe Dolorosa anima a participar en ‘Airea Galicia’, unhas xornadas de convivencia por un mudo máis inclusivo
Celebraranse os vindeiros días 10, 11 e 12 de marzo na residencia de tempo libre de Patos.
![[Img #30926]](upload/img/periodico/img_30926.jpg)
As Escravas da Virxe Dolorosa, representadas polo seu xerente, Leví Olivares, convidan a participar na iniciativa ‘Airea, experiencia de cocreación de comunidades inclusivas’, que chega por primeira vez a Galicia os vindeiros días 10, 11 e 12 de marzo.
A Fundación Tuya, que acompaña a persoas con diversidade funcional, prepara a primeira experiencia ‘Airea’ en Galicia en colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa Galicia.
‘Airea’ é un espazo de aprendizaxe, unha invitación á construción colectiva de comunidades inclusivas. Este primeiro encontro en Galicia, celebrarase en Patos, Nigrán.
Dende a organización desta iniciativa esperan que este espazo de encontro facilite a construción de comunidades inclusivas, dun mundo máis inclusivo e xusto, no que persoas con ou sen diversidade funcional, familiares, profesionais de todo tipo de organizacións, etcétera, sexan as protagonistas dun futuro colectivo que emerxe desde as preguntas, a reflexión e a acción.
Participar en ‘Airea’
Participar en Airea é unha invitación para pararse a pensar en comunidade; é o principio que abre a porta a unha maneira diferente de actuar na contorna. Garantir resultados é difícil. Con todo, participar achegando desde a honestidade e a creatividade, deixando de lado a equipaxe preconcibida e abrindo a mente, o corazón e a intención á máis alta posibilidade futura, fará que os participantes poidan levar de ‘Airea’ unha rede de persoas comprometidas, coñecementos, habilidades e enfoques para o cambio, comprensión máis profunda dos valores de inclusión e a creación de posibilidades que xeren procesos centrados nas persoas. Trátase, en definitiva, dunha fin de semana para pararse a pensar en comunidade. Para máis información e inscrición nesta iniciativa: Leví Olivares González (645.766.501) direccion@evdgalicia.com
Información sobre as entidades organizadoras
A Fundación Tuya é unha fundación de tutela con base en Madrid, que acompaña ás persoas con diversidade intelectual e ó seu círculo de apoio a planificar e orientar o seu futuro co obxectivo de que estas poidan ter unha vida inclusiva.
As Escravas da Virxe Dolorosa son unha organización que xestiona apoios e servizos, destinados a promover o desenvolvemento e calidade de vida de persoas con diversidade funcional. Inmersos nun proceso de cambio, onde con claridade enfocan o seu compromiso coas persoas no exercicio de respectar a súa dignidade, os seus dereitos e xerar oportunidades inclusivas.
Desde Escravas da Virxe Dolorosa Galicia sempre conectan coa filosofía e as propostas de traballo de Ester Ortega, Directora de Fundación Tuya, á hora de entender o futuro das persoas e as organizacións dentro dun modelo de comunidade máis inclusiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149