Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Garrote, Fernádez e Vidal apoian o Manifesto Socialista en Defensa da Igualdade

[Img #30994]

 

As concelleiras socialistas de Ponteareas, Chus Garrote, Vanesa Fernandez e Inés Vidal queren manifestar publicamente "o noso apoio ó manifesto socialista en defensa da igualdade real das mulleres. As tres concelleiras dende as nosas responsabilidades de goberno, demostramos dia a día o compromiso certo do PSOE coa igualdade. Agradecemos a confianza depositada en nós, polo noso partido para asumir concellerías como Urbanismo, Vias e Obras, Seguridade Cidadá e Comercio, áreas de gran importancia para o Concello de Ponteareas e que poucas veces os partidos políticos poñen ó fronte a mulleres como máximas responsables. Creemos que así, ó poñer en práctica o que se defende, é como mellor se visualiza e se da exemplo da importancia de promover ás mulleres en postos de máxima responsabilidade no ámbito público".

 

As tres concelleiras denuncian que  "en España, o Goberno do partido popular incumpre a Lei Orgánica 3/2007 para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes (LOIEMH). O Goberno suprimiu este ano as subvencións para a formación en igualdade.  Sabemos que a discriminación, a desigualdade é un problema que foi en aumento ao non poñerse en marcha medidas por parte do Goberno para acabar con elas. Mentres a violencia machista segue crecendo, tamén as mulleres asasinadas e as súas fillas e fillos, vítimas todos eles de maltratadores. Hai que previr e garantir a formación en igualdade en todos os ciclos formativos entre as mozas e os mozos. Só educando en igualdade, poderemos vivir en igualdade".

 

Tamén queren chamar a atención subre "a reforma laboral do PP, está a prexudicar máis ás mulleres pola repartición desigual do emprego no mercado laboral, pola precariedade e a temporalidade laboral con un significativo recorte na prestación por desemprego. Especialmente significativo en Ponteareas onde a taxa de paro feminino é a mais alta da provincia de Pontevedra. Ademais a pensión que reciben as mulleres é un 37% máis baixa que a dos homes. Os salarios das mulleres son un 23,25% menos. Esta brecha de Xénero foi crecendo no últimos seis anos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.