Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño conmemora o Día da Muller con música, cine e lecturas relacionadas coa temática

Os actos, organizados pola Oficina da Igualdade, rematarán o día 18 de marzo coa proxección da película “Sicixia”, de Ignacio Vilar.

[Img #30999]

 

O Concello de Tomiño organiza, a través da súa Oficina de Igualdade, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.


Aínda que o programa oficial comeza esta tarde, na Casa da Cultura, coa mesa redonda "Feminismo para avanzar", a Praza do Seixo acolleu este mediodía varios actos conmemorativos. Comezando por un parón duns minutos, vestiuse logo a entrada do Concello cun mandala participativo “Se paramos as mulleres, paramos o mundo”, elaborado previamente polo paro internacional das mulleres.


Seguidamente, levouse a cabo unha “concentración-cacerolada” organizada pola asociación Adavas Baixo Miño.


Pola tarde, ás 20.30 horas, celebrarase una mesa redonda na Casa da Cultura, que será presentada por la alcaldesa, Sandra González, e na que intervirán Carmen Adán, Teresa Porrit e Erundina Benítez. Esta actividade está organizada por el grupo Acción Feminista do Baixo Miño, coa colaboración do Concello.

 

Mañá, 9 de marzo, ás 12.00 horas, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo “Who ya callin’ a witch?”, que consistirá nun percorrido pola historia das mulleres no hip-hop, con danza, voz en directo e Dj.

 

O sábado 11 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián, proxectarase “Visións”, un film colaborativo do Proxecto “Cinema e Muller”. Patrocinada pola Deputación de Pontevedra, intervirá Lara Bacelo, co-realizadora.

 

Seguindo co programa organizado por Concello e Deputación de Pontevedra, o venres 17, ás 20.30 horas, no Mercado Municipal, Montse Fajardo presentará os seus textos literarios “Un cesto de mazás” e “Matriarcas”.

 

Pechará o ciclo, a película “Sicixia”, de Ignacio Vilar, que se proxectará o sábado 18 de marzo, a partir das 20.30 horas no Auditorio de Goián.


Paralelamente aos actos, celebraranse obradoiros de igualdade nos centros escolares do concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.