Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva subliña no proxecto “Violencia Zero” en Cuntis, que sen as mulleres. o mundo pararíase

O asasinato de mulleres ten que ser rexeitado por todos e todas din a Presidenta da Deputación ante máis dun cento de escolares da localidade.

[Img #31005]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe na presentación do proxecto “Violencia Zero” en Cuntis, que o mundo pararíase sen as mulleres. Silva, que escolleu este acto de “Violencia Zero” para conmemorar o 8 de marzo Día Internacional da Muller, estivo acompañada polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a concelleira, Conchi Campos, e a deputada provincial Digna Rivas, así como por un cento de escolares do CEIP “Aurelio Marcelino Rey García”.

 

A Presidenta, na súa intervención, reclamou que as mulleres deben ocupar o seus postos “porque somos o 52% da poboación mundial” e temos unha representación que na política apenas chega ao coirenta por cento, nas empresas do IBEX-35 apenas hai dúas presidentas dos consellos de administración ou na xudicatura “a pesares de ser maioritarias por número as mulleres xuízas apenas están representadas no tribunais superiores, na audiencia nacional, etc.”

 

Para Carmela Silva o máis grave da discriminación que sofren as mulleres na sociedade actual son os insultos “polo simple feito de ser mulleres”, as redes de trata “que converten en escravas as mulleres”, a obriga a que nenas menores de idade teñan que casarse con homes maiores; ou “o medo que temos a saír soas as rúas e prazas porque nos poden matar”. Silva incidiu que “as mulleres que chegamos a postos de responsabilidade temos a obriga de dar voz  a todas aquelas que non a teñen e tratar de corrixir estas diferencias”.

 

Por último, Silva afirmou que a lacra maior son os asasinatos “de vinte mulleres nos poucos días que levamos de ano. E algo que nos ten que poñer a todos de pé para denuncialo”.


O acto de “Violencia Zero” de hoxe en Cuntis foi un graffiti nunha parede do pavillón do CEIP “Aurelio Marcelino Rey García”, da artista Nana, baixo o título de “Cóntame outro conto”.

 

O proxecto “Violencia Zero” a Deputación de Pontevedra quere  reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e, por extensión, no mundo. Ten  por obxectivo fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica ao tempo que promover a visibilidade das artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos. Na edición deste ano vanse realizar 25 accións das cales no mes de abril serán en Bueu e Salvaterra de Miño. En maio, Soutomaior e Poio. En xuño, O Grove e A Guarda. En xullo, Baiona e Caldas de Reis. En agosto, Vilagarcía e Cangas. En setembro, Vila de Cruces e Silleda. En outubro, Salceda de Caselas e Meaño, e en novembro en Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.