Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar acolle a III Milla Solidaria de Anemia Fanconi

[Img #31007]

 

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira presidiu a presentación da III Milla Solidaria de Anemia Fanconi, que se celebrará o día 26 de Marzo na vila. Estivo acompañado pola  Concelleira de Deportes Nuria Lameiro , o Alcalde de Nigrán Juan González, a Concelleira de Deportes de Baiona Mª Jesús Martins, Óscar Fernández  Director técnico da Federación Galega de Atletismo, representantes da Asociación  Española de Anemia Fanconi e representantes de ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo).


A carreira solidaria chega este ano a Gondomar despois de celebrarse os anos anteriores en Nigrán e Baiona. Celebrarase o día 26 cunha percorrida contorna ás inmediacións do  campo de Futbol das cercas a partir das 10:30, un total de 1069 metros que un ano máis tamén se fará en cadeira de rodas e con categorías diferenciadas e adaptadas.


Como lembraron os asistentes resulta de fundamental importancia para enfermidades como a Anemia Fanconi que exista unha concienciación sobre a necesidade de doar médula. Por iso a Asociación poñerá a tarde do sábado 25 a disposición dos asistentes un espazo no que expliquen como leva a cabo esta doazón, ese mesmo día é o marcado para a recollida de dorsais (16-20h) no Centro Neural (Xefatura de Tráfico) de Gondomar.


Para poder participar na carreira é necesario apuntarse antes do día 22 deste mes, o importe íntegro será doado á Asociación Española de Anemia Fanconi. A inscrición poderase formalizar na páxina  web Carreiras Galega,  presencialmente na Piscina do Val Miñor en Ramallosa, en Deportes Athletics en Avda. Balaídos 41(Vigo) e en Bikila na Avda. de Castrelos 190 (Vigo).


No caso de que non se queira correr a carreira pero si facer o donativo a organización creou o Dorsal 0, desta maneira farase a achega de diñeiro para esta causa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.