CULTURA
Xosé A. Perozo asume a presidencia da OEPLI
Finalizado o mandato de Reina Duarte como presidenta da OEPLI asumiu esta representación o escritor e editor Xosé Antonio Perozo, actual presidente de GÁLIX.
A OEPLI é a máxima entidade representante en España do ámbito cultural da Literatura Infantil e Xuvenil que aglutina todos os niveis (escritores, ilustradores, editores, bibliotecarios, libreiros, educadores, mediadores...). Está integrada por catro seccións: Consejo General del Libro, GÁLIX, ClijCAT e Galtzagorri, representantes das catro linguas oficiais: castelán, catalán, galego e vasco. As súas presidencias ocupan as seguintes responsabilidades:
- Área Financeira: Iñaki Markotegi, presidente de Galtzagorri.
- Área de Contidos: Sara Moreno, presidenta do Consejo General del Libro.
- Área de Comunicación: Anna Maria Macià, presidenta do ClijCAT.
Manteñen o cargo de tesoureiro, Carlos Ortega, secretario xeral da Cámara del Libro de Madrid e do Gremio de Editores de Madrid. O de secretaria executiva, Margarida Mateu, secretaria do ClijCAT. Dona Ana Cendán continúa como secretaria técnica.
A nova presidencia continuará cos proxectos xa consolidados da OEPLI: Premio Lazarillo, Día Internacional, Premio Andersen, etc. e traballará na creación de novas iniciativas co obxectivo de seguir potenciando este sector da literatura tan importante tanto desde o punto de vista cultural como de industria e de creación de postos de traballo, así como de proxección internacional dos nosos valores e creadores.
A Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) é sección española do IBBY (International Board on Books for Young People). Foi constituída o 27 de xullo de 1982 ao deixar de existir a Comisión de Literatura Infantil do INLE (Instituto Nacional del Libro Español). A OEPLI, entidade sen ánimo de lucro, é a encargada da realización e coordinación de todo tipo de actividades de promoción relacionadas co libro infantil e xuvenil e a lectura, así como das funcións de representación en España do IBBY. Está estruturada en catro seccións territoriais e desenvolve as súas actividades no ámbito de todo o Estado español. Porén, en función de acordos con outras institucións con fins análogos tamén desenvolve actividade fóra de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.219