PONTEAREAS
Os colexios de Ponteareas xa contan con pictogramas que permiten a plena autonomía das persoas con TEA
A colocación de 700 pictogramas por parte de Autismo Galicia e o Concello de Ponteareas permitirá romper as barreiras que dificultan a autonomía das persoas autistas.
A Federación Autismo Galicia e o Concello de Ponteareas, teñen instalado 700 pictogramas en todos os centros educativos de primaria do municipio. Este código de comunicación, habitual nas persoas autistas, favorecerá a súa autonomía e o dereito a acceder aos servizos da sociedade en igualdade cos demais veciños e veciñas. Esta situación beneficiará tamén ao alumnado de Infantil que todavía non se desenvolve con moita rapidez na lectura.
A instalación destes pictogramas é froito do acordo asinado, no pasado ano 2016 entre a Federación Autismo Galicia e o Concello de Ponteareas a través das concellerías de Benestar Social e Ensino, xestionadas por Verónica Carrera e e Cristina Fernández, respectivamente.
Os colexios que xa contan con este código de comunicación a través de pictogramas, son os CEIP Nosa Sra. dos Remedios, Fermín Bouza Brey, Mestre Ramiro Sabell Mosquera, Feliciano Barrera, e Santiago de Oliveira, amáis dos CPR La Inmaculada e Santiago Apóstol.
Este sistema de comunicación alternativo, permite as persoas con TEA romper as barreiras que lle impiden facer uso das instalacións dos colexios dun xeito máis igualitario e autónomo, xa que lles permite comprender mellor o entorno no que se moven.
“Dende o primeiro momento, o Concello de Ponteareas quixo deixar claro o seu alto grao de compromiso coas familias de persoas con autismo da zona, e froito desa implicación nacía o programa Coidamos-TEA e a cesión de lugares de encontro e atención para este colectivo”, comenta a edil Verónica Carrera.
Cristina Fernández, concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas salientaba o firme compromiso do Goberno local de poñer todos os medios “que fagan posible a accesibilidade do alumnado con autismo nos centros escolares do municipio permitíndolle, como é o caso coa instalación destes pictogramas, unha maior autonomía dentro das súas instalacións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149