Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 11 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Xornada sobre procesos de selección para comercio organizada polo Plan Integrado de Emprego

Celebrarase na Axencia de Colocación de Mos o vindeiro venres 17 de marzo.

[Img #31019]

 

O II PIE Mos 3.0 organiza un encontro aberto a todos/as os/as interesados/as en asistir sobre as claves nos procesos de selección no sector do comercio. Consistirá en dúas mesas redondas dirixidas tanto aos usuarios do Plan de Emprego como a outras persoas que estean nun proceso de procura ou mellora de emprego.

Desenvolverase nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, concretamente no salón de actos, o vindeiro venres, 17 de marzo en horario de mañá, de 11.00 horas a 13.00 horas.


Os ponentes serán Iván Moraña, director de tenda de Aki Bricolaxe Mos e Lorena Colmeiro, responsable de Recursos Humanos da Zona Norte do Grupo Cortefiel. Cada unha das dúas mesas redondas terá unha duración duns 30 minutos aproximadamente e durante as mesmas trataranse os seguintes contidos:

  1. Introdución ao sector.
  2. Pautas a considerar para entrar nun proceso de selección. Criterios de preselección dun candidato.
  3. Competencias demandadas.
  4. Criba curricular.
  5. Técnicas de recrutamento empregadas pola empresa.
  6. Técnicas de selección utilizadas.
  7. Pautas a considerar para poder manter o posto de traballo unha vez conseguido.
  8. Rogos e preguntas.


Os interesados en asistir deben incribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico piemosempresa@concellomos.es O prazo de inscricións atópase xa aberto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.