HOGAR
Feijóo avanza o primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas para mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios
O plan cubrirá reformas de instalacións de enlace, a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as instalacións correspondentes aos servizos do edificio e a substitución de interruptores convencionais por detectores de presenza.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas para mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios.
Logo de precisar que esta iniciativa mobilizará máis de 3 millóns de euros, Feijóo salientou que as axudas terán un cofinanciamento de ata o 25%, cun máximo de 3.000 euros por edificio ou 150 euros por punto de subministración.
Así mesmo, cómpre salientar que este plan está destinado a inmobles de uso residencial de máis de 25 anos, sendo os beneficiarios as persoas físicas e as comunidades de veciños, que deberán tramitar as axudas a través das entidades colaboradoras (aquelas inscritas no Rexistro integrado industrial do Ministerio de Economía).
O programa cubrirá reformas de instalacións de enlace –desde a caixa xeral de protección ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios-, a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as instalacións correspondentes aos servizos do edificio e a substitución de interruptores convencionais por detectores de presenza.
O responsable do Goberno galego afirmou que este plan contribuirá a mellorar a seguridade das instalacións eléctricas dos edificios de Galicia ademais de favorecer o aforro dos fogares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149