Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 12 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O PSOE de Mos critica a "mala organización" dunha actividade do Concello polo Día da Muller

Os socialistas critican a falta de publicidade do evento e que non se usasen "nin redes sociais, nin prensa, nin carteis".

O pasado mércores, 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Mos organizou unha serie de actividades durante toda a semana enfocadas a celebrar dita data. Unha destas actividades foi unha andaina polo paseo do Río Louro, cunha charla e posteriormente uns pinchos.


Para difundir esta actividade o Concello de Mos non usou nin redes sociais, nin prensa, nin carteis. Tan só pasaron un comunicado a asociacións puntuais e enviaron a invitación a algunhas vivendas.


Dende a agrupación socialista critican a mala xestión na organización desta actividade, xa que "a maioría dos veciños non puideron participar por non estar convidados a dita andaina". O Concelleiro Emilio Muíños mostra  o seu "descontento con esta distinción a hora de invitar a veciñanza". Di “todos os veciños teñen o mesmo dereito a ser avisados da mesma maneira e en tempo e forma das actividades do concello”, engade que “para conmemorar tal data, deben participar todas as mulleres que día a día loitan por acadar a igualdade de xénero e os homes tamén, xa que hai que concienciar o sector masculino”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.