Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 12 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta oferta 2432 prazas nas 37 escolas infantís das áreas de Vigo e Pontevedra

Na provincia de Pontevedra, a administración autonómica pon a disposición das familias 3465 prazas para nenos de 0 a 3 anos nas 57 escolas dependentes do Consorcio e da Axencia Galega de Servizos Sociais.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado polos delegados da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Ignacio López-Chaves Castro, visitou a semana pasada as escolas infantís da rede A Galiña Azul da Parda, na capital do Lérez, e de rúa Palencia, na cidade olívica.


O obxectivo era explicar polo míudo a oferta pública para nenos de 0 a 3 anos para o curso 2017-2018, cuxo período de presentación de solicitude de adxudicación de prazas se abriu onte, logo da publicación das correspondentes resolucións no Diario Oficial de Galicia o pasado 8 de marzo.


Na comarca de Pontevedra e na área de Vigo, a administración autonómica pon a disposición dos pais e nais un total de 2432 prazas, nas 37 escolas infantís da rede A Galiña Azul que a Consellería de Política Social xestiona directamente. Concretamente, a oferta nesas dúas zonas é de 1205 prazas nos 26 centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e de 890, nos11 centros xestionados pola Axencia Galega de Servizos Sociais. Estas escolas están situadas en Vigo (8), Pontevedra (6), Marín (3), Cangas (2), O Porriño (2), Mos (2), Poio (1), Barro (1), Campolameiro (1), Cotobade (1), Ponte Caldelas (1), Vilaboa (1). Redondela (1), Moaña (1), Nigrán (1), Gondomar (1), Baiona (1), Salvaterra do Miño (1), Salceda de Caselas (1) e Soutomaior (1).


No conxunto da provincia de Pontevedra, o número de prazas para o curso 2017-2018 en centros que xestiona directamente Política Social ascende a 3465, nun total de 57 escolas: 2575, nos 46 centros que rexe o Consorcio; e 890, nos 11 da Axencia.

 

Os medios que Política Social destina a mellorar a conciliación laboral, social e familiar de pais e nais -un dos obxectivos principais da Xunta de Galicia nesta lexislatura- complétanse coas 209 prazas concertadas (en 11 centros), na provincia de Pontevedra. A iso súmanse ademais as prazas sostidas nesa provincia (e na área de Vigo) con recursos públicos da Xunta de Galicia, en centros educativos dependentes de entidades de iniciativa social, a través do Bono Concilia e das Casas Niño. Tamén, as prazas en escolas infantís municipais e noutras, de entidades como o Sergas ou as universidades, en cuxo financiamento participa a Xunta.


Recursos das escolas da Galiña Azul en Galicia
As familias dos nenos de 0 a 3 anos disporán no curso 2017-2018 de 22.439 prazas sostidas con fondos públicos en escolas infantís da Galiña Azul en toda Galicia. Delas, 9739, están xestionadas directamente pola Consellería de Política Social, a través dos 166 centros cos que contarán no próximo ano escolar o Consorcio (140) e a Axencia (26).


A rede pública verase incrementada neste curso coa entrada en servizo de dous novos centros -os de Arteixo-Río Tambre e de Burela-Os Castros- que suporán 123 novas prazas, 82 e 41, respectivamente.


As familias dos pequenos que desexen acceder ao proceso de adxudicación de prazas nos centros da Galiña Azul poden presentar as súas solicitudes dende onte e ata o próximo 10 de abril (ambos, incluídos) e as listaxes provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o 9 de maio. Poderán consultalos nas propias escolas infantís onde solicitaran praza ou nas páxinas web da Consellería de Política Social, http://politicasocial.xunta.gal, e do Consorcio, www.igualdadebenestar.org.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.