PROVINCIA
A Deputación coñecerá en novembro cantos coches circulan pola rede de estradas provinciais
O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, asegura que un sistema electrónico detectará desde abril o número, tipo, velocidade e sentido de circulación de cada vehículo "para unha correcta planificación das actuacións".
![[Img #31052]](upload/img/periodico/img_31052.jpg)
A Deputación iniciará no mes de abril o reconto de coches que circulan pola súa rede de estradas provinciais. O pasado venres aprobouse o contrato coa empresa coruñesa Iceacsa Consultores, que presentou unha oferta de 123.386,12 euros e deberá presentar un plan de aforos nun prazo de medio ano. Así, a partir do vindeiro mes, os condutores que circulen polas estradas provinciais serán detectados por un sistema electrónico instalado nas estradas que permitirá coñecer as horas e o sentido da circulación, velocidades e clasificación de cada desprazamento segundo a tipoloxía dos vehículos.
A rede provincial de estradas, segundo lembrou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, conta con arredor de 1.700 quilómetros de lonxitude e sitúase na estrutura viaria global por detrás das estradas de competencia estatal e da Xunta de Galicia. "Para unha correcta planificación de actuacións, ademais do coñecemento e seguimento continuo por parte do persoal propio, resulta fundamental ter claras as características da circulación, o que quedará reflexado polo miúdo con este estudo", afirmou.
Nunha primeira fase o adxudicatario do plan de aforo realizará unha xerarquización previa das vías, establecendo cales son as principais en cabeceiras de comarcas ou intermunicipais para definir os principais puntos de control. A partir de aí realizarase o traballo de campo, un mínimo de 33 aforos ou recontos de semana completa nas estradas de máis de 10 quilómetros de lonxitude e 343 aforos dun día de duración nas estradas de 10 ou menos quilómetros. Estímase que será necesario dispoñer dun mínimo de 10 estacións de carácter móbil –para poder desprazalas por diferentes puntos da rede provincial– que estarán compostas por un equipo electrónico contador de vehículos mediante tubos ou tecnoloxía radar.
Iceacsa Consultores deberá achegarlle ao Servizo de Mobilidade da Deputación a lectura dos datos lidos en cada estación mediante as correspondentes aplicacións informáticas de forma mensual, explicitando distribucións horarias de tráfico de cada día aforado; días medios semanal, mensual e anual (IMD) estimados, así como a xustificación desta estimación; porcentaxes de vehículos pesados; semana media mensual; porcentaxes e tipoloxía de vehículos; gráficos de variacións horarias, diarias, mensuais; estimación de vehículos-quilómetro; así como calquera variable definida como obxecto de estudo
Finalmente, no informe final analizaranse todos estes datos nunha memoria explicativa que conterá táboas e gráficos coas características anuais, mensuais, semanais e diarias das intensidades do tráfico; os datos sobre a intensidade de tráfico máximo, o seu crecemento e composición, a comparativa do tráfico mensual e as series históricas ou a velocidade por treitos de estrada.
Como consecuencia da gran cantidade de datos e información que se manexa na xestión dos aforos, a probabilidade de atopar datos con erros pode ser alta, polo que se incluirá un plan de garantía da calidade que establecerá alarmas na xestión dos datos, de forma que ante cifras que sexan ilóxicas, imposibles ou anómalas, automaticamente se activará unha alarma para que interveña un operador. O obxecto, segundo explicou Benítez, é "garantir a fiabilidade do traballo".
O contrato con Iceacsa Consultores aprobarase na Xunta de Goberno deste venres. A selección do adxudicatario precisou de diferentes informes técnicos e valoracións económicas. O orzamento de licitación (inicial) era de 159.042,40 euros, que baixou finalmente preto dun 33 %.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149